Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo critica a pasividade do goberno local diante as reiteradas inundacións en San Cibrao

NOTA DE PRENSA
O BNG CRITICA A PASIVIDADE DO GOBERNO LOCAL DIANTE DAS REITERADAS INUNDACIÓNS PRODUCIDAS EN SAN CIBRAO CADA VEZ QUE CHOVE

No mes de abril de 2008 pediu ao concello un estudo rigoroso e solucións aos continuos problemas sen que o goberno local fixera nada para solucionalo.

Os nacionalistas denuncian que o PP prefire a chapa e pintura que afrontar os problemas das infraestruturas do concello.

Cervo, 23 de xullo de 2009. O BNG denunciou a pasividade do goberno local diante das reiteradas inundacións que se producen na localidade de San Cibrao cada vez que chove con mais forza da habitual. Os nacionalistas queixáronse da falla de actuación do goberno local a quen solicitaron no pasado mes de abril un estudo rigoroso e solucións diante destas inundacións que anegan unha e outra vez os mesmos baixos e garaxes da localidade causando graves perxuizos aos seus propietarios. Ademais aproveitaron para criticar a actitude do goberno local, que preferiu utilizar fondos do Convenio de Infraestruturas e Servizos asinado con promotores en actuacións de “chapa e pintura” no lugar de afrontar os problemas realmente importantes.

O GOBERNO LOCAL DESATENDEU UNHA SOLICITUDE PRESENTADA NO MES DE ABRIL DE 2008 PARA POÑER SOLUCIÓN AS CONSTANTES INUNDACIÓNS.

Os nacionalistas cervenses denunciaron a pasividade do goberno local que non fai nada para solucionar os problemas de evacuación de augas pluviais na localidade de San Cibrao, “No mes de abril de 2008 solicitamos ao goberno local que se fixera un estudo rigoroso e se aplicaran solucións a este problema, sen que o goberno local movera un dedo neste sentido”. “Non só non se limpan as conducións de desaugue, senón que ademais fanse obras de remodelacións de rúas que quedan moi bonitas por fora, mais os problemas de fonde seguen aí”

O BNG ANIMA AOS VECIÑOS PERXUDICADOS A PRESENTAR RECLAMACIÓNS POR DANOS AO CONCELLO POLA MALA SITUACIÓN DOS DESAUGUES.

As persistentes inundación non só causan malestar aos veciños e unha nefasta imaxe do concello en época estival, ademais provocan importantes perxuizos aos veciños que ven como as súas pertenzas se ven afectadas, nalgúns casos con importantes perdas económicas. “Os nacionalistas animaron aos veciños afectados a que presenten reclamacións por danos ao goberno local para que se faga cargo deses danos como medida de presión para que dunha vez afronten as súas obrigas como gobenantes de dar solución a un problema que depende dunha infraestrutura de competencia municipal”

O PP GASTOU MAIS DE 500.000 EUROS NA REMODELACIÓN DUN PARQUE E DESATENDEU NECESIDAS MAIS URXENTES.

O BNG lembrou os mais de 500.000 euros gastados polo goberno local na remodelación do parque Reina Sofía, con cargo ao Convenio de Infraestruturas e Servizos asinado con promotores, “unha obra que non era urxente e dende logo non forma parte das necesidades en infraestruturas básicas que o concello precisa”. Os nacionalistas volveron a chamar a atención da falta de criterio do goberno local sobre o uso dos fondos públicos, “tiraron a casa pola venta como si foramos ricos en época de bonanza económica e non atenderon as necesidades reais e mais perentorias do concello”.

Exit mobile version