Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG abre a súa campaña do Día da Patria Galega cun acto público no Concello de Riotorto

NOTA DE PRENSA

Bautista Álvarez acompaña a Estoa nunha charla o Xoves no Centro Cívico

O Alcalde de Riotorto convida aos veciños a participar nos actos da Patria Galega en Riotorto

O Bloque Nacionalista Galego abre a súa campaña do Día da Patria Galega cun acto público no Concello Riotorto no que participará o Alcalde do mesmo, Federico Gutiérrez Estoa e o histórico dirixente nacionalista Bautista Álvarez. O acto que se celebrará con Centro Cívico de Riotorto o Xoves 16 ás 20:30 pretende achegar a significación que esta data ten para todos os galegos así como o sentido político que os nacionalistas lle dan este ano a mesma. Federico Gutiérrez Estoa quere aproveitar a ocasión para convidar os veciños ao acto.
Segundo adiantou o Alcalde de Riotorto non é casual que a Asemblea Local do BNG de Riotorto pensase na figura de Bautista Álvarez para conmemorar neste concello esta data posto que “Bautista é xa historia viva do nacionalismo, o seu dirixente en activo máis veterano e a persoa que denominou o 25 de Xullo como Día da Patria Galega sendo o principal responsábel da súa restauración despois do franquismo en 1968”.
Gutiérrez destacou que celebramos o 25 de Xullo nunhas condicións de excepcionalidade para o pobo galego pola magnitude da crise económica e pola falta de resposta por parte do Goberno da Xunta e Central ao mesmo. Nesta liña lembrou as dificultades que están a pasar a poboación do rural, non só pola crise do sector lácteo, senón tamén pola crise xeral e pola política de recortes en materia de política social que está aplicar o Partido Popular. Nese sentido amosou a súa preocupación polo impacto que as políticas do PP van ter nas persoas maiores do que é sintomático mesmo a introducción do debate sobre a privatización da axuda a domicilio.
Asemade Federico Gutiérrez denunciou a posición do PSOE e do PP no que ten haber co debate da financiación autonómica e as consecuencias que vai ter nos Concellos Galegos nomeadamente naqueles con moita dispersión e cunha poboación avenlletada. “Se o PSOE sacrifica a Galiza en beneficio dos seus graneiros electorais, Feijoo demostra coa súa improvisación e coa falta de ambición que el non é un Presidente dos Galegos senón un militante do PP ao servicio do que dicta Genova”. Gutiérrez Estoa criticou que non se contemple a variable avellentamento da poboación para a financiación, cando esta encarece os servicios, e denunciou que con este modelo non está garantida a viabilidade da dependencia en Galiza.
Xa por último Federico Gutiérrez esixiu ao PP que poña en marcha ese Plan Anti-Crise que anunciou para os seus primeiros cen días de goberno.”Tal como evolue a situación, isto é pasan os días e non sabemos nada del, todo parece que é un producto “Made in PP”, anuncio propagandístico que se esquece rematada a campaña electoral”, concluíu o nacionalista. Segundo Gutiérrez Estoa é fundamental que a Xunta arbitre medidas adicadas aos autónomos por ser un dos sectores que máis sufre a crise e que máis empregos destrúe día a día.

Exit mobile version