Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela deu a coñecer en Fomento a proposta de variación de trazado do corredor

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acudiu esta mañá a Lugo onde mantivo unha reunión co Enxeñeiro Xefe de Fomento, Narciso González, para amosarlle a proposta que o goberno municipal, os grupos políticos e os veciños queren presentar ante o proxecto do corredor Barreiros-San Cibrao.

O rexedor explicou que “a reunión consistiu en presentarlle a nosa idea unánime para que o corredor pase o máis ó sur posible e visto o plano con él alí e vendo a situación exacta por onde quere pasar e por onde quere transcurrir ese vial que nós propoñemos non lle pareceu mal. O enxeñeiro explicoume as condicións técnicas e que a causa principal do seu proxecto era darlle un servizo ó hospital. Entendeu a nosa postura, dado que agora mesmo estamos afectados pola Lei de Costas, a variante, por FEVE, e o máximo sería que estiveramos afectados tamén polo corredor”.

Llano sinalou que “o caso anímanos a seguir con este proxecto que eu lle comentei e que é unánime de todos os grupos e dos veciños de Burela e unha vez presentadas as alegacións iniciaremos un proceso de reunións para facer máis fincapé sobre a nosa postura. Houbo un claro entendemento e a recepción foi total e o que temos que facer nestes dous meses é presentar a alegación conxunta e despois seguir co proceso para que a nosa proposta sexa unha realidade. Queremos que o corredor lle afecte o menos posible ó noso concello”.

Exit mobile version