Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros falou co director xeral de Industria sobre o parque eólico singular

BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, mantivo un encontro co director xeral de Industria, Angel Tahoces, “para tentar desbloquear a situación na que se atopa o parque eólico singular do noso concello”. O rexedor asegura que “a xuntanza foi moi satisfactoria porque tiñamos ese parque de 3 megawatios que estivo catro anos paralizado por parte do bipartito porque non querían dar a autorización que necesitábamos para poñelo en marcha. Alegaban problemas nun montón de aspecto, e despois deste encontro en breve se iniciarán os traballos para montalo”.
Fuente Parga considera que este parque eólico singular “lle suporá ó concello un ingresos anuales duns 30.000 euros e de aí para arriba, porque canto máis vento se produza maior será tamén a facturación para Barreiros que é o que necesitamos neste momento”. O alcalde de Barreiros amósase satisfeito “con este paso adiante, o único que teño lamentar é a paralización destes últimos catro anos, porque o parque xa puido estar funcionando e o concello recaudando”.

Exit mobile version