Site icon Crónica3.com A Mariña

Música e teatro para gozar da cultura esta fin de semana en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- Mariluz Álvarez Lastra, edil de cultura do Concello de Ribadeo presentou esta maña o conxunto de actividades culturais que se van a levar a cabo ao longo da fin de semana. En primeiro lugar, para mañá sábado día 4 de xullo, anunciou que “a Asociación Amadores da Música en colaboración co Concello de Ribadeo organizou o I Festival de Bandas Infantís, no que participarán as bandas de Ribadeo e Foz”. Ademais comentou que o festival contará cunha peculiaridade engadida e é que “se vai a realizar no palco da música do parque de San Francisco. O acto comezarán a partires das sete e media da tarde”.

Por outra banda, Álvarez Lastra explicou que “o domingo día 5, na escola de Cinxe, terá lugar a preestrea da aula municipal de teatro coa obra que estiveron ensaiando durante este curso A burla do galo do autor Roberto Vidal Bolaño”. A entrada é totalmente gratuíta e o acto comezará ás nove da noite.

A responsable de cultura aproveitou para recordar que onte se fixo a presentación das xornadas adicadas ao Marqués de Sargadelos, Antonio Raymundo Ibáñez, que se organizan en colaboración cos concellos de Cervo e Santalla de Oscos. Mariluz Álvarez Lastra sinalou que “se levarán a cabo do 13 ao 15 de xullo cada día nun concello, comezando polo de Santalla de Oscos, para deixar o día 14 a Cervo e rematar o 15 no Auritorio Hernán Naval de Ribadeo. O prazo de inscrición está aberto, é totalmente de balde e pódese facer nas delegacións de cultura de calquera dos concellos”. Por último, engadiu que os cursos están recoñecidos con un crédito de libre configuración para as universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e animou a tódolos interesados “a facerse co programa, que a parte de reflexar o aspecto teórico e informativo das xornadas inclúe tódalas visitas e actividades de ocio para que cadaquen poida asistir libremente a aquelas que máis lle interesen”.

Exit mobile version