Site icon Crónica3.com A Mariña

Mostrarase construtivo na reunión para as alegacións da autovía, comunica o PP de Burela

NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela acude á reunión de hoxe no concello con ánimo constructivo.

Considera que o alcalde tiña que terse reunido co xefe rexional de Estradas do Estado e cos alcaldes de Foz e Cervo.

Os populares cren que o alcalde non fixo todo o que tiña que facer.

O GMPP de Burela acudirá hoxe á reunión para pechar as alegacións sobre o novo vial San Cibrao-Barreiros co mesmo espíritu constructivo co que asistiu ás anteriores tres reunións, pero considerando que desde a alcaldía non se fixo todo o que se debería ter feito.

Para os populares, as alegacións que presenta a empresa redactora do PXOM van na liña das recollidas polo PP no seu documento de inicio, e tamén recollidas nun estudio previo que tiña feito O Vencello, polo que non debería haber ningún problema ó respecto. Eso quere decir, segundo os populares, que o PP fixo o seu traballo con seriedade e rigor, facendo propostas e aportando ideas.

Pero, segundo os populares, hai algo que se vota en falta, e que estaba nos dous documentos presentados por escrito no concello polo portavoz do grupo municipal popular: non se sabe nada da data da reunión co ministro, se é que está solicitada, e tampouco nada se sabe dunha posible reunión co xefe da demarcación rexional de estradas do Estado, Angel González Del Río, para ter un coñecemento o máis aproximado posible da viabilidade das alegacións que presente Burela. Igualmente, o PP solicitou por escrito a semana pasada que o alcalde de Burela se reunise cos alcaldes de Foz e Cervo, algo que, precisamente, anunciou no seu día o mesmo alcalde, pero hasta a data, e que se saiba, tales reunións non se produciron. O motivo destas reunións é evidente, porque se trataría de consensuar entre os tres concellos unha serie de alegacións que sen dúbida darían máis forza a calquera dos argumentos que se poidan esgrimir. Ademais, entre os tres concellos se podería facer unha proposta de modificado do propio estudio informativo, mesmo propoñendo unha quinta alternativa, que puidese aglutinar os intereses de Foz, Burela, e Cervo, ainda partindo do suposto de que cada quen tén que defender os seus intereses.

Pois ben, segundo os populares, ningunha destas reunións se celebrou, e o alcalde chega á reunión de hoxe con só dous contactos reais: un co xefe provincial da demarcación de estradas do Estado, e outra co Presidente da Deputación. E desde o PP estamos convencidos que a reunión co xefe rexional de estradas do Estado ainda se pode realizar, e tamén ainda hai tempo para reunirse cos alcaldes de Cervo e Foz.

Finalmente, o alcalde de Burela deberá de explicar publicamente por que non se celebraron esas reunións, porque foi el mesmo quen plantexou telas, sen que ninguen lle dixera nada. A sensación que tén o PP e que tamén se percibe na rua é que o alcalde non fixo todo o que tiña que facer

Exit mobile version