Unha das primeiras actuacións vai ser a substitución dos reguladores semafóricos (os chamados cadros dos semáforos) por estar anticuados ou ben avariados. No que atinxe ás lámpadas dos semáforos, van ser substituídas por novas lámpadas LEDS, co cal se vai conseguir un importante aforro enerxético no consumo das mesmas.
Vaise realizar tamén unha pequena reordenación circulatoria no entorno das vivendas sociais, que ata este intre tiñan circulación de dobre sentido e non contaban con semáforo propio de saída. Aí vaise reordenar a circulación co establecemento dunha dirección única, con entrada pola parte traseira das vivendas sociais e saída pola dianteira, a cal vai ter un semáforo regulador de saída.
Dentro da mellora viaria vanse incluír dous novos pasos de pións, e tamén, como unha importante medida integradora, vaise dotar aos principais pasos de pións de avisadores acústicos, especialmente recomendados para persoas cegas.
O orzamento previsto para esta importante obra ronda os 32.000 €uros, que van ser financiados integramente polo Concello.