Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do BNG en Cervo para que o concello apoie as alegacións dos veciños á autovía

NOTA DE PRENSA
O BNG PIDE CUNHA MOCIÓN O APOIO DA CORPORACIÓN DE CERVO ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLOS VECIÑOS AO TRAZADO DA AUTOVÍA SAN CIBRAO-BARREIROS

Acusan ao alcalde de enganar e abandonar aos veciños por non consensuar con Burela un trazado alternativo que non prexudique aos dous concellos.

Os nacionalistas preguntarán cal foi o motivo polo que o goberno local non remitiu ningún informe durante a visita de técnicos de Fomento no ano 2008.

Cervo, 28 de xullo de 2009. O BNG presentou para o seu debate no pleno da corporación unha moción na que pide aos grupo políticos representados que se sumen ás alegacións presentadas por particulares e colectivos de Cervo ao trazado da Autovía de conexión entre San Cibrao e Barreiros. Os nacionalistas ademais preguntarán ao alcalde polo motivo que levou ao goberno municipal a non emitir ningún informe após da visita realizada por técnicos de Fomento ao concello no ano 2008, como si fixo o concello de Burela e así consta no expediente. Por outra banda, reiteran as criticas ao mandatario local por enganar e abandonar aos veciños ao non chegar a consensuar co concello de Burela un trazado que non prexudique aos dous concellos.

MOCIÓN DE APOIO DA CORPORACIÓN ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLOS VECIÑOS.

Os nacionalista rexistraron unha moción na que demandan o apoio unánime da corporación ás alegacións presentadas polos veciños e colectivos de Cervo ao trazado da autovía. As alegacións presentadas en tempo e forma por veciños individuais e colectivos, piden por unha banda, o mantemento dos acuíferos e redes de subministro de auga ás súas vivendas que puideran resultar afectados polo trazado da autovía na que se presentaron mais de 30 alegacións. Ademais a Asociación de Veciños de San Román de Vilaestrofe, presenta alegacións na que piden modificacións puntuais do trazado para impedir que este afecte a unha vivenda na entrada da parroquia e a zonas cultivadas no núcleo da Calvela.

O ALCALDE NON FIXO OS EUS DEBERES NA DEFENSA DOS INTERESES DO CONCELLO E OS SEUS VECIÑOS.

O BNG denunciou o abandono do alcalde e do conxunto do goberno local aos veciños, por non facer todo o necesario para lograr un consenso co concello de Burela que permitira a presentación de alegacións comúns que beneficiarían aos dous concellos, lonxe disto, “actuaron con pasividade e o propio alcalde chegou a enganar ao veciños de San Román, propoñendo un novo trazado que ten poucos visos de saír adiante en o apoio de Burela, que xa aprobou en pleno alegacións noutro sentido”. Os nacionalistas sospeitan que o goberno local tiña decidido de antemán dar o visto bo ao trazado proposto polo ministerio, “non son casuais as declaracións feitas polo alcalde e o Tte. De alcalde, Sr. Balseiro, que daban por bo o trazado no seu paso por Cervo, sen nin sequera falar cos veciños”

PREGUNTAS SOBRE OS MOTIVOS QUE LEVARON AO CONCELLO A NON PRESENTAR NINGÚN INFORME NO ANO 2008.

Durante o ano 2008, técnicos de Fomento visitaron os concellos por onde discorre a autovía, e o concello de Burela remitiu un informe técnico ao ministerio advertindo da reserva de solo na zona sur do concello, como así conta no expediente. Os nacionalistas de Cervo queren saber cal foi o motivo polo que o concello non emitiu un informe similar, facendo constar os traballos realizados polo equipo redactor do PXOM, onde xa estaban delimitados os núcleos rurais e as súas áreas de expansión.

Exit mobile version