Site icon Crónica3.com A Mariña

Llano aposta porque a Mancomunidade xestione os residuos voluminosos

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, expúxolle nas últimas horas unha proposta á Mancomunidade de Municipios de A Mariña coa intención de buscar un sistema de xestión para os residuos voluminosos que producen os concellos e que Sogama deixará de recoller a partires do vindeiro mes de setembro.

Llano explicou que “Sogama mandounos un aviso ós concellos dicindo que a partires do 1 de setembro cesa a recepción de residuos voluminosos procedentes dos municipios e a miña proposta foi nese sentido, penso que temos que buscar algo que nos veña ben para a partires desa data ter outro xestor autorizado para este tipo de residuos”. O rexedor burelés lembrou que “se trata de residuos como colchóns, camas, sofás, armarios… que son difíciles de almacenar, algo que nos pode traer problemas e que nos pode afectar ós concellos”.

Alfredo Llano considera necesario “dar con ese sistema de xestión para os residuos voluminosos do que se poidan beneficiar todos os concellos da Mancomunidade da mellor maneira posible e que sexa tamén o máis barato posible”.

O rexedor de Burela asistiu onte en Barreiros á charla sobre a administración electrónica á que foron convidados os alcaldes dos 17 concellos da Mancomunidade de Municipios de A Mariña.

Exit mobile version