VIVEIRO .- O pasado sábado as 13 horas na Praza do Náufrago de Celeiro, tivo lugar a presentación da IV Edición do Festival ARREAOCABO, que se celebrará en Celeiro o vindeiro sábado 18 a partir das 20 horas no parque de Lavandeiras, a entrada será mediante bono axuda de 5 euros. Ademais o festival contará con zona de mercado, barra a prezos populares, unha extensa zona de acampada e un amplo aparcamento na explanada de Lavandeiras. A apertura de portas será as 19 horas. As entradas poderanse reservar mediante envío dun correo ao mail arreaocabo09@gmail.com ou na taquilla o día do festival.
Logo da asistencia de case 2000 persoas o pasado ano, o colectivo Chilindrín, conta con multiplicar por dous esa media, apostando por un cartel amplo e variado, que alcance a case todos os gustos musicais, para isto contará o festival coa presenza dos grupos: BOIKOT, BETAGARRI, LAMATUMBÁ, TWENTY FIGHTERS, SEM RESPOSTA E BYTHEFACE.
No acto do sábado, participaron o alcalde de Viveiro, D. Melchor Roel Rivas, o deputado delegado de cultura da Deputación provincial de Lugo, Antonio Veiga Outeiro, o presidente do colectivo Chilindrín, Breixo Buján Balseiro e o secretario Bernardo Fraga Galdo.