Site icon Crónica3.com A Mariña

Interesase o PP de Burela polo alumeado do Cantiño e por unha finca en O Campón

NOTA DE PRENSA

O GMPP asegura que o alcalde estase convertindo nunha pésima axencia de publicidade.

Ainda non solucionou o problema da finca do Parque do Campón.

Os populares lembran que o alumiado do paseo do Cantiño segue sen funcionar.

O GMPP de Burela afirmou hoxe que o alcalde estase a convertir nunha pésima  axencia de publicidade porque anuncia cousas que logo non cumple, algo que está a percibir os veciños, que ven como día tras día o alcalde promete, dice a todo que sí, que “estamos en ello”, pero que nada se fai.

O GMPP pón dous exemplos concretos: a finca do Parque do Campón que está a crear problemas e o alumiado do Paseo co Cantiño. No primeiro caso, hai quince días que anunciou que se ía solucionar, pero ainda nada se fixo; eso sí, o anuncio fíxoo cáseque un mes depois de que os veciños se fosen queixar ó concello. Polo tanto, os veciños seguen co mesmo problema, e o problema segue sen resolverse.

O segundo exemplo vén de vello. Xa hai catro ou cinco meses que se lle preguntou ó alcalde se se ía arranxar o alumiado do paseo do Cantiño, e dixo que sí, que xa estaba solucionado. Pois ben, a día de hoxe, segue sen solucionarse.

Esto demostra a incapacidade do alcalde para solucionar os problemas do día a día. Por non ser capaz, non foi capaz de que a Deputación arranxase a bionda de protección da estrada Burela-San Cibrao uns metros máis adiante da praia de Ril, que leva cáseque un ano deteriorada e nada se fixo para arranxala, e eso que supón un perigo evidente.

Exit mobile version