Site icon Crónica3.com A Mariña

Interésase o BNG de Viveiro polo retraso na implantación dos servizos de telecomunicación de R

Nota de Prensa

O BNG DE VIVEIRO INTERÉSASE POLO RETRASO NA IMPLANTACIÓN  DOS SERVIZOS DE TELECOMUNICACIÓN DA EMPRESA R

O concelleiro portavoz do Bloque Nacionalista Galego Xosé A. Goás Basanta interesaráse na vindeira sesión de pleno do Concello de Viveiro polo retraso na implantación dos servizos de telecomunicación da empresa R.

“Cónstanos—manifestou Goás Basanta—que esta empresa presentou neste concello a primeira das solicitudes para a ofrecer os servizos de telecomunicación en Viveiro e na data de hoxe nada se sabe.” Recentemente enteiramonos polos medios de comunicación que esta empresa xa ofrece servizos noutros concellos da comarca. Viveiro, sendo o primeiro dos concellos no que estivo interesada a empresa R—agosto de 2007—non conta aínda con este servizo de telecomunicación. O BNG quer coñecer as causas deste retraso, xa que non é comprensíbel que, co interese que nos consta tivo esta empresa por ofertar estes servizos, a tramitación, dous anos despois, sega  empantanada.

Goás Basanta considera que os particulares e empresarios de Viveiro con interese en contar con este tipo de servizo deben ter unha explicación convincente dos motivos polos que Viveiro vai ficar, unha vez máis, sen estes servizos de telecomunicación.

Exit mobile version