Site icon Crónica3.com A Mariña

Informa o PP que o foi o goberno do PSOE e BNG o que adxudicou a obra da estrada Celeiro San Cibrao

Nota de Prensa

Balseiro afirma que tanto o parlamentario socialista Ismael Rego como o voceiro de Infraestruturas do Grupo Parlamentario do PSOE fixeron o máximo dos ridículos “non só pola improvisación e falta de rigor á hora de efectuar afirmacións públicas, senón polo descoñecemento que acreditan da situación administrativa dunha infraestrutura que o Goberno do que os socialistas formaban parte adxudicou provisonalmente o pasado mes de marzo
O PARTIDO SOCIALISTA RECLAMA A ADXUDICACIÓN DO TREITO DO CORREDOR DA COSTA ENTRE CELEIRO E SAN CIPRIÁN SEN PERCATARSE DE QUE XA FOI ADXUDICADO POLO GOBERNO BIPARTITO EN FUNCIÓNS

* Segundo os datos que manexa Jose Manuel Balseiro, a Xunta bipartita adxudicou provisionalmente, con data 1/03/2009, as obras de construción deste treito. A adxudicación definitiva tivo lugar o 11/06/2009, por valor de 49.706.615 euros, á UTE Cortizo, Ovisa e construcciones Hispánica.

* Balseiro empraza ao PSOE a actuar con maior responsabilidade no exercicio das labores de oposición e lamenta que despois de catro anos de xestión nos que foron incapaces de iniciar as obras desta vía na provincia de Lugo agora reclamen que o PP así o faga nos primeiros cen días.

A Mariña, 17 de xullo de 2009.- No día de onte os medios de comunicación facíanse eco dunha rolda de prensa protagonizada polo deputado socialista Ismael Rego e polo voceiro de Infraestruturas do PSdeG-PSOE, Pablo Xavier López, na que ambos dirixentes da oposición reclamaban do novo Goberno autonómico a adxudicación do treito Celeiro-San Ciprián, que forma parte do trazado da vía de alta capacidade  coñecida como VAC Costa Norte. As devanditas declaracións causaron unha grande perplexidade no Partido Popular quen, a través do seu deputado Jose Manuel Balseiro, explicou que a actuación que veñen de reclamar desde o PSOE xa estaba realizada e, o que aínda é máis sorprendente, a adxudicación que agora demandan –a das obras do corredor no treito Celeiro-San Ciprián- xa foi efectuada polo Goberno bipartito.

RECLAMAN ALGO QUE XA ESTÁ FEITO

Balseiro clarexa que foi o Executivo en funcións integrado polo propio PSOE e máis polo BNG quen con data 1 de abril de 2009 adxudicou provisionalmente esta obra, por un importe de 49.706.615 euros á UTE (Unión Temporal de Empresas) Cortizo, Ovisa e Construcciones Hispánica. A devandita adxudicación provisional elevouse a definitiva o pasado 1 de xuño de 2009. Hoxe tan só está pendente o trámite se replanteo e o inicio efectivo das obras.

ABSOLUTA FALTA DE PROFESIONALIDADE E RIGOR DO PSOE

“É absolutamente incrible, que o señor Rego non teña coñecemento do que fixo o Goberno bipartito, sobre todo tendo en conta que o PSOE formaba parte deste Executivo e ademais xestionaba a que por entón se chamaba Consellería de Política Territorial. Pero o que aínda é moito máis grave e ver como o voceiro parlamentario do PSOE en materia de infraestruturas, Pablo Xavier López, tamén descoñece esta cuestión e polo tanto amosan unha máis que evidente falta de rigor no exercicio da oposición. Esta claro que estes señores querían convocar unha rolda de prensa para falar de calquera tema e, coa falta de profesionalidade que lles caracteriza, decidiron facer esta reclamación sen antes informarse un pouco da situación administrativa desta infraestrutura”-conclúe Balseiro.

DE DEPUTADO AUSENTE A DEPUTADO QUE NON SE ENTEIRA

Tras valorar o erro cometido polos dirixentes socialistas o deputado popular empraza ao PSOE a actuar con maior responsabilidade no exercicio das labores de oposición. “Pois sería gravemente irresponsable que tanto o señor Rego como os seus compañeiros de partido continúen difundindo informacións non veraces e nada contrastadas como fixeron esta vez”.

IMPOSIBLE FACER EN 100 DÍAS O QUE NON FIXERON EN 4 ANOS

Finalmente Balseiro Orol veu de garantir que o novo Goberno de Galicia “que si actúa con rigor e responsabilidade” ten dentro das súas prioridades de acción política a posta en marcha das obras do Corredor Ferrol-San Ciprián. “Non só é unha promesa electoral que cumpriremos nesta lexislatura, senón que ademais temos previsto facelo nun curto espazo de tempo. “De calquera xeito, debemos lembrar que hoxe o Goberno de Feijóo está a traballar cun orzamento elaborado por PSOE e BNG, que incorpora partidas orzamentarias claramente insuficientes nalgúns ámbitos como é o caso do previsto para VAC Costa Norte”. Neste senso Balseiro lembra que tanto os deputados socialistas como os nacionalistas impediron, co seu voto contrario, achegar máis cartos para as obras dos treitos do corredor, tal e como pedía o PPdeG no pasado debate de orzamentos.

Por outra banda Balseiro considera un acto de “hiprocresía e cinismo político reclamar que o Executivo de Feijoo faga agora, nos primeiros 100 días de Goberno o que a suma do PSOE e máis BNG non foi capaz de facer nos últimos catro anos”. O deputado popular explicou que a herdanza do bipartito é máis que evidente, a lexislatura pasada “foi unha oportunidade practicamente perdida para acometer esta infraestrutura vital para a nosa comarca”, xa que, “en catro anos o Executivo bipartito non foi quen de iniciar as obras do corredor non só quilómetro correspondente á provincia de Lugo. En todo caso, nos 90 primeiros días do novo Goberno xa fixemos moito más que o bipartito, pois a adxudicación dun dos tramos que transcorren pola nosa provincia xa é unha realidade”

Exit mobile version