Site icon Crónica3.com A Mariña

Graban en Burela para o programa Os Larpeiros da TvG

BURELA (FNC) .- Burela será protagonista do programa Os Larpeiros da Televisión de Galicia. Un dos seus equipos trasládase esta semana á vila para realizar grabacións no barco museo Reina del Carmen. O edil de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, sinala que “as xentes de Burela e a súa gastronomía serán centro de atención dun espazo visual amplo e relevante coa preparación do bonito do norte”. O concelleiro nacionalista sinala que “a grabación será unha recreación de cómo se desenvolven as tarefas para a captura do bonito, os medios que se empregan e o modo de vida a bordo. Por tanto serán  escenario da grabación os distintos compartimentos do barco, os aparellos e demáis elementos, para logo coñecidas xá as condicións de captura, ter continuidade coa elaboración gastronómica do mesmo”.
González Legazpi engade que “despois elaborarase conforme ás condicións do guión, un prato de bonito do norte en marmitako, considerando que o túnido  sae da propia nevera do barco museo, para dende aí dar continuidade á  preparación do mesmo”. O concelleiro de Turismo considera que “será por tanto un recoñecemento máis a canto representa o bonito dentro da nosa historia, a propia Feira do Bonito que este ano celebra xa o seu XXV aniversario, ao esforzo colectivo sen dubida de moitas persoas, e  tamén ás políticas activas que se veñen desenvolvendo dende a Delegación de Industria, Comercio e Turismo do Concello de Burela para promover condicións que garantan afianzamento e desenvolvemento”

Exit mobile version