VIVEIRO .- Otero Regal abre a exposición “Paisaxes cerámicos”, tratase de 34 obras feitas en cerámica de alta temperatura, policromadas con óxidos, esmaltes e engobes con un contido moi rechamante e cheo de cor; 22 son cuadros cerámicos e 12 ánforas paisaxe colocadas como esculturas nos xardíns. Esta obra original foi realizada ex profeso para esta exposición ólargo do ano 2009.
A inauguración terá lugar ás 20 horas no auditorio e sala de exposicións do complexo cultural REGALXUNQUEIRA – VIVEIRO, o venres, día 24. Proxectarase un documental encol da paisaxe con música e servirase un viño e algo de comer.
Por primeira vez podese ver unha obra de Otero Regal toda ela de paisaxes cerámicos, o que el veu o redor de si, en viaxes, vivindo en lugares moi diversos e sobre todo tomando centos de apuntes dende O Cairo a Tunicia, pasando pola Andalucía mais branca, Cataluña, Castela….e mirando sobre todo a perspectiva das casas, moi poucas das paisaxes están sin casas.
Non se poran todas as obras a unha, non caben, irase sacando e poñendo. De vez en vez, cada certo tempo. Mais pobra, mais paisaxes, mais ánforas-paisaxes ata compoñer a gran sinfonía do arte.
Quizais, por eso non é tan só unha exposición, son varias, vivir e volver,. Esta mostra esta feita para que voltemos a esta exposición que quere ser punto de encontro con outras artes, con outros laborios.
Otero Regal atopase, ós 57 anos, algo mais canso pero na mellor quenda de toda a sua historia polo que fai o tempero artístico. Nunca creou con mais oficio, que o ten todo, con ese saber facer, con ese aquel de artesán sabio, que so un Mestre, na sua obra pode bordar.
Se algunha vez existirón dúbidas respecto á cualificación da cerámica como arte maior, estas quedaron definitivamente superadas por Pablo Picasso quen produciu nesa técnica algunhas das súas obras mais belas.
De non ser así, aquí están as obras de Otero Regal para reiteralo.
O autor resístese ás clasificacións e ás preguntas, contesta con natural sinceridade:”Eu non sigo á moda, sígome a min”.
A súa obra expresionista, en termos xerais, é de rara e rica complexidade. Figuras policromadas en cerámica combínanse , creando un clima sen parentesco que está, máis na “rareza” que na afinidade formal.
As imaxes desta exposición, as primeiras paisaxes que eu lle coñezo son inquietantes, por momentos iso débese ao comentario social que encerran, pero aínda cando iso non fose así, permanecerían como motivo desafiante fronte ao espectador.
Trátase de imaxes que quedan gravadas na mente, que é unha das maiores probas de autenticidade.
CARRETERA E MANTA……..…………………………………..
OUTONO Nº 1………………………………………………………..
OUTONO Nº 2………………………………………………………..
PAISAXE DENDE O ALTO………………………………………
OUTONO Nº 3…………………………………………………………
OUTONO N” 4………………………………………………………..
CAMPOS DE CASTELA…………………………………………..
ENTRE LUSCO E FUSCO…………………………………………
LUA CHEA…………………………..…………………………………..
Exposición de “Paisaxes cerámicos” de Otero Regal en Regalxunqueira
VALLÉS…………………………………………………………………….
A CASA BRANCA……………………………………………………..
ACEITUNEROS ALTIVOS…………………………………………
CHOPOS……………………………………………………………………
INVERNO………………………………………………………………….
PAISAXE CON CARRETERA…………………………………….
ASTURIAS…………………………………………………………………
VIVEIRO……………………………………………………………………
XUNQUEIRA……………………………………………………………..
CASAS ROXAS……………………………………………………………
A MANCHA………………………………………………………………..
O CAMIÑANTE NO PAISAXE…………………………………….
SINFONIA EN VERDE…………………………………………………
ANFORAS-PAISAXE NO SOUTO DAS ESCULTURAS
ALGUNHAS VECES O CEO CAE………………………………..
CRATER CON CASAS…………………………………………………
QUENTURA DOS MUROS………………………………………….
CUENCA……………………………………………………………………..
O SOL ERA UN BURACO……………………………………………
E LOURENZO QUENTABA………………………………………….
CASAS AZUES………………………………………………………………
PRECIPICIO………………………………………………………………….
TODA A VIDA…………………………………………………………….
CASAS VELLAS…………………………………………………………….
CEO VERDE…………………………………………………………………
COR TERRA…………………………………………………………………
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
OTERO REGAL
Dende a década de finais dos 60 ven de formarse primeiro nas técnicas de debuxo e pintura e máis tarde na cerámica, profesión na que leva exercendo nos derradeiros trinta anos.
A cerámica e o mundo de Regal, a pesares de que toca outros anacos da arte como o gravado, a literatura, a ilustración e o debuxo, a súa labor desenvólvese en dous ámbitos; por unha banda produce unha cerámica de mercado caracterizada polo seu eido diferencial, e por outra, e de forma paralela, unha produción artística con características que van dende o expresionismo até a arte conceptual.
Dende o ano 68, no que fai a súa primeira exposición en Mondoñedo son varios centos as que leva realizado até o momento, tanto individuais como colectivas.
Merecen destacar: 1973 “La Taguara” Zaragoza: ANTOLOGÍA EMBRIONARIA
1976: “Pazo San Marcos” Lugo. Organiza: Deputación Provincial e Ministerio de
Educación e Ciencia. “Fundación Kompin Hauss” Wiesbaden. Centro Español de Wiesbaden. Alemania Federal. MUTACIÓNS. 1977 Galería Blau Guntter, Munich. MUTACIÓNS-2
1984 Galería Sargadelos, Santiago de Compostela. O BARRO COMO MATERIA (Terra, Auga e Lume). 1987 Galería Lanz, Ibiza. 1990 “AMBOA”, Santiago de Compostela. “Xesto, Cor e Materia” 1991 Casino do Atlántico. A Coruña. “Home , Terra e Lume”.
1993 “AMBOA”, Santiago de Compostela. “Anacos do camiño”.
1994 “CASA DE GALICIA”, Madrid. “Nordés” Publicación por parte da Xunta de Galicia do Libro-Catálogo “Otero Regal, Nordés”. 1997: Stand en EUROART’97, Barcelona. Salón Internacional de Artistas Contemporáneos Independentes Las Drassanes: “A terra que fala”.
“Galería Abeskoa”, Barcelona “O Inconsciente”. 1998 Participa representando a España comoponente en “COTTA TERRA”, Congreso Internacional de Cerámica en UMBRIA-Italia, xunto cos máis importantes ceramistas do mundo con sendas ponencias sobre deseño.
1999 “Ceramistas Galegos”, Sala Basandere, Bilbao. 2000 Adamaá-Temas Xudeos na cerámica española. Museo Sefardí de Toledo.
ACTIVIDADE PROFESIONAL
Obradoiro propio de cerámica en Xunqueira, Viveiro-Lugo. Estudio de Cerámica artística, muralismo e traballos arquitectónicos. Imparte cursos de Raku, serigrafía cerámica e pastas cerámicas en varias localidades de España.
Realiza murais cerámicos para numerosos estamentos públicos e privados.
Posee obra en Museos e Fundacións e coleccións privadas de España, Europa, EEUU e Xapón.