Site icon Crónica3.com A Mariña

Participantes nun curso de surf en Burela piden que se amplie, asegura a concelleira de Mar

BURELA (FNC) .- A concelleira de Mar de Burela, Remedios López Villar, fixo balance do curso de surf que a súa delegación organizou os pasados luns e martes. A edil mostrouse satisfeita cos resultados acadados e dixo que “o curso tivo unha alta participación chegando a un total de 100 nenos. Os rapaces tiveron que ser repartidos en tres grupos que aprenderon a facer surf nas praias burelesas de A Marosa e O Portelo. As xornadas estaban organizadas para realizarse na primeira delas pero a causa das grandes ondas os profesores decidiron cambialo para a de O Portelo co fin de evitar calquera perigo”.

A responsable de Mar engadiu que “aínda que o curso tivo que ser aprazado polas condicións meteorolóxicas hai uns días, finalmente causou gran sensación nos rapaces e incluso eles nos pediron que se organice outro de maior duración para non só iniciarse senón para aprender mellor a dominar as ondas”.

Exit mobile version