RIBADEO (FNC) .- O goberno municipal informa que hoxe deron comezo en Ribadeo as obras de adecuación, mellora, equipamento e supresión de barreiras arquitectónicas no entorno da praza de abastos. Trátase da última fase do paquete de actuacións do fondo estatal de investimento local que abarca as rúas Camilo Barcia Trelles, Irmáns Moreno Ulloa e o entorno da praza de abastos. O presuposto total de todas estas obras ascende a 240.000 euros e o prazo de execución é de 3 meses.
O equipo de goberno pide disculpas a veciños e visitantes polas molestias que se poidan ocasionar estes días e engaden que “primeiro se actuará na parte que da á rúa Ramón González para que estea lista de cara á celebración do mercado do mércores da vindeira semana e despois tocaralle a quenda á parte que limita coa rúa Reinante, para tentar prexudicar o menos posible ao comercio e á hostalería de toda esa zona”. No goberno municipal calculan que nos primeiros días de agosto, que é cando a vila recibe máis visitantes, as obras do entorno da praza da abastos estean listas porque “só hai que picar o chan e botar o novo firme”.
As obras teñen que realizarse agora para cumprir cos prazos establecidos.