Nota de Prensa
Un Día da Patria Galega masivo a mellor resposta as políticas do PP
O BNG chama a moverse en defensa de Galiza e da Mariña
O Bloque Nacionalista Galego ven desenvolvendo ao longo de todo mes de Xullo unha campaña no conxunto da Mariña co fin de achegar a súa proposta a situación que atravesa Galiza e a comarca así como convocar aos veciños e veciñas da Mariña a manifestación do 25 de Xullo en Santiago de Compostela.
Federico Gutiérrez Estoa (Alcalde de Riotorto) e Bautista Álvarez( Co-Fudandor do BNG) afirmaron que é necesaria unha mobilización masiva na campaña do Día da Patria Galega deste ano como a mellor forma de expresar que a sociedade galega está viva e ten capacidade de reacción fronte a un Partido Popular que esta a amosar a súa face máis descarnadamente reaccionaria e antigalega.
Estoa afirma que o BNG pon autobuses para acudir a Santiago o 25 de Xullo.
Estoa lembrou no acto celebrado en Riotorto a importancia política do Día da Patria Galega e convidou aos veciños de Riotorto e da Mariña a participar nos actos que o BNG celebrando na Comarca así como na manifestación do 25 de Xullo en Santiago de Compostela. Neste sentido Estoa quixo recordar que o BNG pon autobuses a disposición do conxunto dos veciños da Comarca para acudía a Compostela podéndose anotar chamando ao (982) 140-654 ou ao 636-50-06-51. Asemade o Alcalde nacionalista de Riotorto lembrou que os actos preparatorios do Día da Patria Galega van ter o seu remate co acto político a celebrar mañá xoves ás 20:30 cun acto político no Conservatorio de Viveiro no que participará Francisco Rodríguez.
Federico Gutiérrez quixo agradecer a militancia e a base social do nacionalismo a súa implicación para levar adiante esta campaña o que evidencia a viveza da organización e o compromiso da afiliación do BNG.”Só o BNG pode poñer en marcha esta campaña en pleno verán, porque só o BNG ten unha afiliación desta calidade política e desta xenerosidade co País” afirmou Estoa.
O Co-fundador do BNG e reorganizador do nacionalismo nos anos 60, Bautista Álvarez lembrou que o Día da Patria Galega ten que ser unha resposta do povo galego contra as políticas antisociais do capital e antigalegas da dereita española. Veiga afirmou que o contexto social que vivimos esta marcada pola crise económica e por un goberno da Xunta ausente que abandona a sociedade galega nun momento de dificultade e demostra a súa incapacidade para Gobernar.
Álvarez acusa o Goberno Feijoo de actuar como capataces do capital.
Álvarez fixo repaso do que lle constou ao nacionalismo galego desde a época da clandestinidade institucionalizar o 25 de Xullo como Día da Patria Galega e advertiu que se os homes da súa xeración lles correspondeu restaurar a data na sua significación patriótica tal como a pensaran os nacionalistas de pre-guerra con Bóveda e Castelao a cabeza, correspóndelle ao nacionalismo de hoxe mantela e darlle folgos como referencia da loita do povo galego pola soberanía nacional e unha orde social xusta.
O veterano dirixente nacionalista urxiu medidas urxentes para confrontar a crise económica, “unha crise de sobreproducción, como todas as do sistema capitalista, que se pretende xestionar a base da socialización das perdas. O Goberno de Feijoo fai bo o vello axioma de que en sociedades como a nosa o poder executivo opera como mero capataz do poder real, que é o capital”. Álvarez denunciou que o actual executivo da Xunta xa non só abdica de operar como un goberno autonomista, senón que está a perpetrar a mantenza un proceso de xenocidio dos sinais de identidade de Galiza.