LOUREZÁ .- O deputado de Infraestruturas, Manuel Martínez, recibiu ó alcalde de Lourezá, Vidal Martínez Sieraa, para dar resposta á petición dos veciños de Requeixo que demandaban melloras no vial de San Xurxo a Arroxo. Na xuntanza acordouse que a Deputación acondicionará no lugar de Requeixo –parroquia de San Xurxo- a intersección coa estrada municipal existente, e que non estaba prevista no proxecto inicial. Asimesmo decidiuse que o organismo provincial, en colaboración co Concello, procederá á reposición dos accesos ás fincas de particulares, que se ven afectados por estes traballos e que xa percibiron a cantidade económica resultante do proceso legal de expropiación forzosa, coa instalación de tubaxes de formigón
Nota de Prensa
Desbloqueadas as obras da estrada de San Xurxo a Arroxo que a Deputación acomete en Lourenzá
– O Deputado de Infraestruturas recibiu ó Alcalde mariñano para dar resposta á petición dos veciños de Requeixo que demandaban melloras no vial
– O organismo provincial acondicionará a intersección coa estrada municipal existente, que no estaba prevista no proxecto adxudicado, ademais da reposición dos accesos ás fincas
O Deputado de Infraestruturas, Manuel Martínez, recibiu este martes ó Alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra, para desbloquear a situación na que se atopan as obras de ampliación entre San Xurxo e Arroxo que esta a acometer a Deputación, e nas que os veciños demandaban melloras do vial. Deste xeito, na xuntanza na que tamén participaron técnicos provinciais e locais, acordouse que a Deputación acondicionará no lugar de Requeixo –parroquia de San Xurxo- a intersección coa estrada municipal existente, e que non estaba prevista no proxecto inicial.
Asimesmo, na reunión decidiuse que o organismo provincial, en colaboración co Concello mariñano, procederá á reposición dos accesos ás fincas de particulares, que se ven afectados por estes traballos e que xa percibiron a cantidade económica resultante do proceso legal de expropiación forzosa, coa instalación de tubaxes de formigón. Neste senso, o Deputado de Infraestruturas destacou que “fixemos un esforzo importante por dar resposta á demanda dos veciños. Trátase dunha obra importante coa que melloraremos a comunicación dos cidadáns, que representa uns cUstes a maiores, pero coa que contribuímos ó desenvolvemento do municipio”.
Estas obras, non contempladas no proxecto inicial, representan un custe adicional para a institución provincial de 20.000 euros. As previsións da Deputación son rematar os traballos antes do mes de setembro. A estrada inclúese dentro do Plan de Obras e Servizos de 2007 e fora adxudicada polo anterior goberno da Deputación.