NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela considera que o bigoberno está “inutilizado e fóra de servicio”.
Os populares afirman que gracias á nova vía San Cibrao-Barreiros e ás mocions do PP hai contido no pleno do vindeiro luns.
Aseguran que o alcalde leva así dous anos, e seguirá así os dous anos que lle quedan.
O GMPP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde e o bigoberno burelés “están inutilizados e fóra de servicio”, xa que no pleno que se celebrará o vindeiro luns volve a repetirse a mesma situación que se está a vivir desde hai dous anos: o alcalde non leva a pleno ningún asunto da súa propia colleita.
Na orde do día hai dous asuntos que deben ir a pleno por imperativo legal, a conta xeral de 2008 e o estado de execución presupostaria do presente ano. Fóra deso, inclúense as alegacións ó trazado do novo vial San Cibrao-Barreiros, e dúas mocións do PP.
Polo tanto, volve a evidenciarse que o alcalde, PSOE e BNG non teñen proxecto de futuro para Burela; levan así dous anos, nos que ningún asunto importante vai a pleno, e así seguirán os dous anos que lles quedan. Para o PP, é inaudito que un concello coma Burela non xenere asuntos para levar a pleno.
Os populares engaden que eso mesmo está a acontecer na Xunta de Goberno. A Xunta de Goberno está máis orientada a asuntos de trámite, ainda que con amplas competencias; pero é que nin así se meten temas de consideración que o merezan.
O GMPP considera que a ausencia de traballo é evidente, e que vai sendo hora de que os socios do bigoberno lles digan ós cidadáns que teñen pensado facer nos vindeiros dous anos, se é que teñen pensado facer algo, que non sexa cobrar corenta e cinco mil euros o alcalde e outros tantos Nieves Cando.
Os veciños e veciñas deste concello teñen dereito a saber cales son as previsións de actuacións do bigoberno, cales son os proxectos que presentarán. O silencio do bigoberno fai pensar que non hai nada previsto de relevancia, que non hai proxectos ilusionantes, a non ser aguantar como se poida os dous anos que quedan de mandato municipal. En definitiva, van aló dous anos perdidos, e seguramente perderemos os dous próximos; e eso será unicamente responsabilidade do alcalde e de Nieves Cando, porque Burela non se merece o que está acontecendo.
O PP afirma que o alcalde non é de fiar.
Os populares presentaron tres documentos de traballo.
Consideran que o concello debería abonar os gastos que tivo O Vencello.
O PP de Burela indicou hoxe que o alcalde non é de fiar, en relación co asunto do novo vial San Cibrao-Barreiros. E non é de fiar porque ó primeiro dixo que esto era cousa de todos, pero non contou con todos á hora de facer as dúas pobres reunións que mantivo, coa Deputación e con Estradas de Lugo. Tampouco avisou a ninguén para avanzar resultados das reunións que mantivo.
Por riba, segundo os populares, as alegacións que se presentaron na reunión do pasado xoves, que recollen o documento que no seu día presentou o PP, documento que o alcalde esquece a propósito, e que o PP apoiará, son máis escasas cas elaboradas polo Vencello. Polo tanto, é certo que houbo xente que traballou máis ca outra: o traballo non se demostra fadendo moitas reunións da comisión, senon levando papeis e documentos, cousa que o alcalde non fixo hasta a terceira reunión da comisión.
Por eso, e porque o documento final do Vencello é mui superior en contido e en argumentacións, non estaría de máis que o Concello pagase o custo de elaboración de tal documento, xa que o que fixo o Vencello foi, nin mais nin menos,o que tiña que ter feito o Alcalde.