O alcalde de Burela, Alfredo Llano, sinalou que “ iniciouse o curso de verán Inmigración e Desenvolvemento Local organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Burela que tratará temas educativos e sociais. Ó curso que se inicia hoxe e que continuará ata o día 17 asisten máis de 50persoas”. O alcalde engadiu que “é un tema moi presente no noso concello xa que convivimos máis de 30 nacionalidades”