Site icon Crónica3.com A Mariña

O Souto en Cervo acolle as “Veladas de Teatro” e o certame “Express-Arte”

CERVO .- Onte comezaron en Cervo as IX Veladas de Teatro no Souto. Onte O Grupo de Teatro “Jubilados de Tapia de Casariego (Asturias) representaron “Toluras de vellos”. O 31 de xullo “Ad Libitum” de Ferrol presenta “A miña muller, é o fontaneiro”. O Sábado 1 de agosto o gurpo “Axóuxeres” de Vilaronte poñerá en escena “O velorio de Xan do Perolo”. O domingo 2 de agosto, o grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo representará “O espello do prestamista”
A partir das 21,30 e previo ás representacións teatrais haberá a 2ª edicións do EXPRESS-ARTE. Express-Arte é unha oportunidade que o Grupo O Bordelo ofrece para a xente creativa actúe como entremés nas veladas.
En caso de mal tempo ambas actuación serán no Auditorio da Casa do Concello

Exit mobile version