Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan as noites deportivas en Burela e a fin de semana a cita será co obradoiro de Motion Grafics

BURELA (FNC) .- O programa “Apúntate ao verán” organizado pola Delegación de Benestar do Concello de Burela continúa esta semana con diferentes actividades. Onte e hoxe 15 de xullo as Noites deportivas están adicadas ao volei praia.
O mércores 15 de xullo arranca para todos os nenos de entre 3 a 8 anos o programa da Ocioteca con xogos, lecturas, psicomotricidade, teatro… todos os pais que queiran deixar alí aos seus  rapaces deben acudir á Casa da Xuventude de 9.00 a 14.00. Para acceder a esta actividade houbo xa un prazo de inscripción.
Tamén nesta semana, dende mañá xoves16 ao domingo19, terá lugar o III Campus Internacional Mixto de Fútbol Sala.
Por outra parte, o obradoiro de macramé Xogando con fíos terá as súas segunda e terceira sesións este xoves de 11.00 a 12.00 e este venres 17 de 12.00 a 13.00, na Casa da Xuventude.
Xa na fin de semana, os días 17, 18 e 19, terá lugar na Casa da Xuventude o obradoiro de Motion grafics que está dirixido a toda a xuventude e que xa tivo unha grande acollida durante o verán pasado.
Por último, lembrar que ata o 21 de agosto a Praza do Concello acolle tódalas mañás diferentes deportes, hoxe mércores de 11.00 a 12.00 patinaxe, o xoves de 12.00 a 13.00 batuka e o venres de 11.00 a 12.00 xogos tradicionais.
Apúntate ao verán está organizado polas Delegacións de Benestar, Igualdade, Xuventude e Deporte do Concello de Burela.

Exit mobile version