Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza en Burela oprograma “apúntate ao verán” con actividades deportivas

BURELA (FNC) .- O programa Apúntate ao verán organizado polo Concello de Burela arranca hoxe día 6 de xullo con diversas actividades na Praza do Concello. Os máis xóvenes poderán disfrutar ata o 21 de agosto dun programa deportivo para tódolos gustos.

Haberá patinaxe tódolos luns e mércores de 11.00 a 13.00; aeróbic, os martes de 11.00 a 12.00; xogos tradicionais e predeportivos, os martes de 12.00 a 13.00 e os venres de 11.00 a 12.00 e batuka os xoves de 12.00 a 13.00.

O único requisito para participar é ter feita a inscrición na Biblioteca, na Casa da Xuventude ou na Casa do Concello.

Ademais o próximo día 9 de xullo comeza en Burela o obradoiro de macramé Xogando con fíos. Este programa organizado para rapaces maiores de 8 anos impartirase na Casa da Xuventude durante todos os xoves do mes de 11.00 a 12.00 e tódolos venres de 12.00 a 13.00.

Esta programación foi organizada pola Delegación de Benestar Social, Igualdade, Xuventude e Deporte.

Exit mobile version