RIBADEO (FNC) .- A XIX Semana Náutica de Ribadeo arranca hoxe coa recepción dos participantes na XII Volta Náutica a Galicia, que terá lugar ás 21.30 horas.
A Volta Náutica sairá de Ribadeo mañá día 1 de agosto. Ás 10.00 terá lugar o acto de despedida dos participantes e ás 11.00 comezará a primeira etapa Ribadeo-Viveiro que fará unha parada para xantar en Burela. Unha veintena de embarcacións sairán do Clube Náutico, entre as que se atopan varias de Ribadeo: Exel, Barallo, a 747 do clube… A Volta Náutica concluirá o día 12 de agosto no porto pontevedrés de Moaña.
Para rematar o día, ás 20.30 da tarde inaugurarase a exposición As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e A Mariña de Lugo no mesmo Clube Náutico.
A vindeira semana os actos estarán centrados na recepción e saída da Regata Transgascogne (Bourgenay-Ribadeo- Bourgenay).