Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo aprobou un orzamento municipal de 7,6 millóns de euros para o ano 2009

CERVO .- O goberno municipal de Cervo aprobou en solitario o orzamento xeral para este ano que contempla uns gastos por importe de 5,9 millóns de euros e uns ingresos de 7,6 millóns de euros. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, indicou que “os presupostos inspírase nos principios de rigor, austeridade e optimización dos recursos propios, priman o gasto social e o investimento en programas educativos, seguridade, cultura e limpeza”

NOTA DE PRENSA

A sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal celebrada na tarde de hoxe deu o visto e prace, cos votos do Equipo de Goberno, ás contas municipais para o presente exercicio autorizando un gasto próximo aos seis millóns de euros

O PLENO DO CONCELLO APROBOU OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA 2009

•    Os presupostos inspírase nos principios de rigor, austeridade e optimización dos recursos propios, priman o gasto social e en programas educativos, seguridade, cultura e limpeza

•    O Alcalde subliñou que a débeda viva do Concello redúcese considerablemente, respecto á rexistrada fai nove anos, situándose por debaixo do límite de endebedamento autorizado pola Lei para as administracións locais.

•    A Corporación Municipal autoriza a subscrición dun programa de préstamos a baixo interese por valor de 800.000 euros cos que axilizar o pago aos provedores e asumir novos investimentos en obras e servizos públicos.

Cervo, 17 de xullo de 2009.-  Na sesión extraordinaria do Pleno municipal celebrada na tarde de hoxe foi aprobado inicialmente o Orzamento Xeral do Concello de Cervo para o presente exercicio 2009. Os votos a favor do Equipo de Goberno, do Partido Popular, foron suficientes para autorizar un Estado de Gastos próximo aos seis millóns de euros (5.924.864,61 euros) e unha previsión de ingresos que ascende a 7.602.479,51 euros.

O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares explicou que os presupostos inspírase nos principios de rigor, austeridade e optimización dos recursos propios, priman o gasto social e o investimento en programas educativos, seguridade, cultura e limpeza.

AUSTERIDADE, REALISMO, CREDIBILIDADE

O Equipo de Goberno pretende dar, a través destas contas unha mellor resposta á difícil situación económica do país, contribuíndo á súa superación a través da posta en marcha dun plan de austeridade e control dos gastos correntes. De feito, desde o Concello quíxose lanzar unha mensaxe de confianza e credibilidade na institución municipal, en contraste coa desconfianza que xera o Goberno Central do PSOE en materia económica.
Villares explicou que para o ano 2009 increméntase o orzamento de Gastos de Investimento, entre outro para acometer as seguintes actuacións:

21.288,32 euros para o proxecto de mellora informática e administrativa do Concello, que suporá o achegamento das vantaxes que ofrece as novas tecnoloxías da comunicación e información, racionalización dos procesos administrativos e mellor do sistema de recadación.

27.6000 euros para as obras do POS a través das que se executa o saneamento de O Castro-Castelo e Madeiro.

34.000 euros para a reparación dos reemisores e compra dos novos equipos nas antenas de televisión de San Roman, Cuiña e Espiñeirido afectadas polo temporal Klaus. Aproveitouse para a modernización dos equipos conforme á nova tecnoloxía analóxica.

50.000 euros para a rede de alumeado público, mantemento e modernización da súa infraestrutura.

Por clasificación funcional as contas municipais establecen a seguinte previsión de gastos:

•    Seguridade: 118.361,94 €
•    Protección Civil: 163.305,06 €
•    Acción Social: 748.686,06 €
•    Promoción do Emprego: 24.000,00 €
•    Ensino: 266.115,25 €
•    Brigada de obras, urbanismo e arquitectura: 2.389.381,66 €
•    Saneamento, abastecemento e distribución de auga: 222.681,82 €
•    Xestión de residuos urbanos (lixo): 230.000 €
•    Promoción e Difusión da Cultura: 163.727,54 € (inclúe 55.000 euros en subvencións ás comisións de festas, colectivos cívicos e asociacións)
•    Educación Física, Deporte: 238.774,68 €
•    Arqueoloxía, protección do patrimonio artístico: 10.000,00 €
•    Estradas veciñais e vías públicas: 35.536 €
•    Turismo: 14.000 €
•    Mellora do Medio Natural: 3.000 €

En materia de ingresos

Orzamento de Ingresos.

2.008

2009

VARIACION

%

A) OPERACIÓNS CORRENTES.

5.257.926,75 €

5.401.756,11 €

143.829,36 €

2,735%

1. IMPOSTOS DIRECTOS.

1.649.327,00 €

1.890.969,82 €

241.642,82 €

14,651%

2. IMPOSTOS INDIRECTOS.

700.000,00 €

218.872,76 €

-481.127,24 €

-68,732%

3. TAXAS E OUTROS INGRESOS

1.851.720,74 €

1.809.710,72 €

-42.010,02 €

-2,269%

4. TRANSFERENCIAS CORRIENTES

1.046.379,01 €

1.445.975,20 €

399.596,19 €

38,188%

5. INGRESOS PATRIMONIAIS

10.500,00 €

36.227,61 €

25.727,61 €

245,025%

B) OPERACIÓNS DE CAPITAL

2.490.319,49 €

2.200.723,40 €

-289.596,09 €

-11,629%

6. ENAXENACIÓN INVERSIONS REAIS

1.578,75 €

1.578,75 €

0,00 €

0,000%

7. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

1.013.574,12 €

1.392.585,23 €

379.011,11 €

37,394%

9. PASIVOS FINANCIEROS

1.475.166,62 €

806.559,42 €

-668.607,20 €

-45,324%

TOTAL

7.748.246,24 €

7.602.479,51 €

-145.766,73 €

-1,881%

No capítulo de gastos as contas municipais reflicten a revisión que o Goberno central efectuou na tributación dos Bens Inmobles de Características Especiais (IBICES) como son o porto comercial de Alcoa ou o encoro de Río Cobo, sumado á perda de ingresos derivados da paralización da expansión urbanística. Ao mesmo tempo tamén incorporan o aforro millonario que supuxeron o pronunciamento favorable da Xustiza, en ámbitos como os procesos seguidos contra a construtora Coto ou polo plan Placer. O Goberno municipal sempre defendeu que non tería que abonarse as cantidades pendentes por estos conceptos dada a irregularidade das obras e servizos vinculadas a estes proxectos que no seu día puxo en marcha o Goberno do PSOE.

POR DEBAIXO DO LÍMITE DE ENDEBEDAMENTO QUE PERMITE A LEI

As cifras avalan o proceso de saneamento iniciado fai dez anos tras o acceso do Partido Popular á responsabilidade do Goberno municipal. Mentres que en 1999 esta índice de endebedamento bancario en relación cos ingresos correntes era dun 160,32% a finais deste ano pasará a ser do 107%, isto é, unha cifra inferior á máxima legalmente prevista, que é do 110%. No último decenio o endebedamento bancario do Concello de Cervo baixou en máis de 53 puntos porcentuais.

A evolución positiva do endebedamento bancario xa inclúe a operación de préstamo que por valor de 800.000 euros o Pleno da Corporación autorizou subscribir ao Goberno municipal tamén na sesión de hoxe. Deste xeito o Concello de Cervo poderá axilizar o pago aos provedores e autónomos e facelo ademais contando con novos recursos a un tipo de interese baixo e co aval da administración central. Esta operación de crédito desenvólvese ao abeiro do Real Decreto Lei 5/2009 que contempla medidas extraordinarias de apoio aos concellos.

O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, explicou que o Goberno Municipal elaborou un orzamento  para o exercicio 2009 que prevé un investimento en gastos por valor de euros e uns ingresos de euros.  Deste xeito as contas municipais rexistrarán no presente ano un superávit próximo aos 1,6 millóns de euros o que implica unha aposta decidida polo saneamento da Facenda municipal xa que o desequilibrio a favor dos ingresos ten por obxecto compensar os remanentes de tesourería negativos cos que pechou o exercicio 2008.

CONXELACIÓN DOS GASTOS DOS ÓRGANOS DE GOBERNO

En contraste con esta situación no 2009 conxelaranse as retribucións que obteñen os órganos de Goberno. Non se procede á actualización desta partida, polo que as retribucións dos concelleiros, asistencias a plenos, etc… quedan igual que no ano 2008. A maiores hai que engadir a supresión dunha dedicación exclusiva, co conseguinte aforro, para as arcas municipais.

Exit mobile version