Site icon Crónica3.com A Mariña

Celso Dourado abre ao público en Barreiros o espazo expositivo “Eido Dourado”

BARREIROS .- Hoxe abre as súas portas ao público na praia de A Pasada en Barreiros o Eido Dourado. Trátase da exposición permanente do artista e pintor Celso Dourado que poderá visitarse ata o 30 de setembro de martes a domingo de 12 a 14 horas e de 18 a 22. Os interesados en concertar visitas de grupos poden facelo chamando aos teléfonos: 982 12 44 51 e 982 15 61 21.
Celso Dourado, que se encargou de construir este espazo empregando materiais reciclados, asegura que nunca se puido imaxinar que “a inauguración que fixemos o pasado sábado supuxera o evento que supuxo. Nunca o puidera imaxinar. Quedei abraiado e asustado da repercusión, porque eu que acudo a exposicións de arte, a exposicións de pintura, a eventos de tipo cultural, nunca nunha zona rural ou incluso nas grandes cidades se viu tal volumen de xente acudindo á inauguración dun espazo expositivo”.
O artista sinala que “despois de tantísimos anos autoconstruindo este espazo agora os meus obxectivos son dalo a coñecer ao público en xeral, que sexa un fito onde eu vivo, onde eu traballo e onde normalmente desenrolo a miña actividade. Estou un pouco asustado, porque si a resposta é a mesma que a do día da inauguración realmente non sei como imos facer. Pero esto hai que pasalo, hai que observar e hai que analizar como vai para mellorar en todo o que poidamos”.
Dourado agarda unha boa acollida “os eventos culturais non soen ser masivos, pero penso que teremos que tomar unha serie de medidas como ampliar o número de persoas que estarán ao frente desta historia porque non sei como poderemos organizar esa afluencia de xente, pero trataremos de facelo o mellor que poidamos”.
En Eido Dourado pódese ver desde hoxe a obra pictórica do artista barreirense que se caracteriza polo uso dunha figuración surrealista, na que as mans son as protagonistas, e na que destaca o emprego de técnicas como as pirografías ou as boligrafías.
Celso Dourado dicía o pasado sábado que “o Eido Dourado non é un museo nin o pretende, resposta a un concepto de obra global. É un espazo arquitectónico que da acubillo á creación plástica e xunto cun conxunto paisaxístico completan o abono dunha creación global e absolutamente persoal. O binomio contido-continente encaixa e é obra do mesmo autor”. Dourado fai un balance moi positivo da inauguración celebrada o pasado sábado e na que se deron cita unhas cincocentas persoas “atópome sorprendido e impresionado pola acollida”.

Exit mobile version