Desenvolveron actividades de todo tipo: talleres, veladas, rutas, música, “o gran Xogo do Medievo, convertendo o campamento nun poboado medieval, con traxes típicos da época, incluídos tamén oficios e usando os marabedís como moeda de cambio para todas as necesidades do día.
Houbo tamén tempo para a praia e o baño, aínda que tamén choveu moito, producindo desesperación nalgúns momentos. Ao remate houbo lágrimas polas despedidas e promesas de volver reencontrarse.