A asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras comunica que a malla tradicional que cada ano organiza en colaboración co Concello de Cervo será o domingo 23 de agosto, día na que se celebrarán todas as actividades incluídas no programa. O cambio de data de celebración ten lugar co obxecto de evitar a súa coincidencia coa festas patronais de Cervo, o San Roque.