Site icon Crónica3.com A Mariña

O telecentro de Ribadeo segue a medrar. Xa conta con 826 usuarios

RIBADEO (FNC) . O Centro de Dinamización de Ribadeo remata o mes de xuño cun total de 22 usuarios máis, impartíronse 39 horas de formación tecnolóxica e a aula aberta foi utilizada en 446 ocasións.

Este centro adicou o mes de xuño a dous obradoiros tecnolóxicos Procesador de textos: Writer e Memoria dos oficios, este último protagonizado por catro persoas, un ebanista, unha modista, un xastre e unha muller de mar que tentaron describir as súas experiencias e coñecementos a través dunha historia con imaxes, música e voz en off. Este obradoiro rematará o 14 de xullo e os alumnos presentarán as videomontaxes feitas por cada un deles. Ademais, destes cursos, a Rede organizaou 2 charlas e 4 iniciativas nas que participaron 55 persoas.

Por último, este Telecentro que botou a andar no Concello de Ribadeo en febreiro de 2007 fai un balance positivo do seu funcionamento xa que o número de usuarios segue aumentando. No pasado mes inscríbironse 22 persoas máis para disfrutar de xeito gratuito das instalacións e actividades que se organizan, sumando así un total de 826 usuarios con carné. Ademáis organizáronse uns 80 obradoiros nos que recibiron formación 473 participantes.

Exit mobile version