RIBADEO .- A asociación de veciños Atalaia de Ribadeo quere participar con suxestións na elaboración dos orzamentos do concello. din que “Pola prensa decatámonos de que no Concello de Ribadeo están a prepararse os Orzamentos Municipais para o ano 2010. Desde Atalaia reivindicamos o noso dereito a participar a través de propostas e suxestións. Non existe diálogo entre veciños e un concello que subscribiu compromisos en materia de participación como son a Axenda 21 e a Carta de Aalborg 10, e SOLICITAMOS téñasenos en conta a través dos orzamentos participativos que serviría tanto de portelo para introducir demandas dos cidadáns no sistema, como de escaparate da xestión municipal aumentando a transparencia da administración local”.
“LEMBRAMOS a veciños e asociacións o seu dereito a acceder ao Orzamento Municipal en período de información pública”