BURELA .- O xogador alevín do club de baloncesto Burela, Álvaro Ferreira Martín, foi convocado pola Federación Galega de Baloncesto para asistir á concentración da preselección alevín masculina galega que ten lugar no Centro de Tecnificación Deportiva na cidade de Pontevedra.
NOTA DE PRENSA
O xogador alevín do C.b. Burela Álvaro Ferreira Martín foi convocado pola Federación Galega de Baloncesto para asistir á concentración da preselección Alevín Masculina Galega que ten lugar no Centro de Tecnificación Deportiva na cidade de Pontevedra.
Desde este pasado luns día 20 ata o venres 24 estará concentrado o xogador xunto con outros quince xogadores de onde sairá a selección que representará a Galicia no campionato de seleccións autonómicas do vindeiro ano 2010.
É un orgullo para un clube modesto coma o noso o que un dos nosos xogadores disfrute desta oportunidade moi interesante para a súa formación como xogador como é a participación nesta concentración da federación.
Na páxina web da Federación Galega de Baloncesto www.fegaba.com, aparece a lista completa de xogadores.