Site icon Crónica3.com A Mariña

Afectados polo peche do colexio Rivera Casas de San Cibrao irán a Santiago si non os atenden esta semana

SAN CIBRAO .- A asociación de pais e mais de alumnos do colexio público Rivera Casás de San Ciprián acudirá a Santiago si esta semana non recibe resposta do goberno galego. A decisión tómana despois de que o gabinete de Alberte Nuñez Feijoo lles confirmase que “a carta que enviamos está en tramitación”. Tamén remitiron unha carta ao conselleiro informándoo “de todas as normativas que se incumprían no caso de levar adiante o peche do colexio”.

NOTA DE PRENSA

En el año 1992, con el Instituto, se vivió algo parecido a lo que está ocurriendo ahora con nuestro colegio

Haciendo memoria, el Anpa del Ceip Rivera Casás de San Ciprián recordó como en el año 1992, los vecinos de San Ciprián ya tuvieron que impedir con sus protestas que el centro de enseñanza secundaria se ubicara fuera del núcleo urbano. Gracias a los esfuerzos de la Comisión Pro-Instituto de San Ciprian, los vecinos lograron dar marcha atrás al proyecto del Gobierno Municipal y consiguieron que el IES Marqués de Sargadelos se quedara en San Ciprián, en la zona de La Veiga.
El Anpa está decidida a apelar a aquel espíritu de los años 90, e incluso a las personas que en aquel entonces lucharon para conseguir que los niños se quedaran lo más próximo posible a sus casas, para mayor calidad de vida de las familias.

Feijoo ya recibió la carta
Por otra parte comentar que el presidente de la Xunta ya tiene en su poder la carta enviada por el Anpa del CEIP Rivera Casás. A finales de la pasada semana, el gabinete del Presidente de la Xunta se puso en contacto con miembros de la asociación para confirmar que la misiva había llegado sin problemas, estando ahora a la espera de que se confirme o no la citada audiencia.
La portavoz del Anpa, ya transmitió al gabinete la intención que tienen de acercarse a San Caetano y comunicarle de primera mano al presidente la situación de la comunidad educativa. A parte de los padres, otros familiares y personas cercanas al entorno de los niños afectados por la amenaza de cierre que normalmente se ocupan de los menores mientras los padres trabajan, han mostrado su intención de acompañarlos en su viaje a Santiago, para mostrar su apoyo contra el cierre del colegio.

Escrito al Conselleiro
Paralelamente, el Anpa envió este lunes, un escrito al Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, donde le informan de la legislación vigente en materia de ordenación de territorio y regulación de las ubicaciones más idóneas para albergar centros dotacionales y comunitarios, que no es otra que seguir criterios de proximidad al usuario.
—————
ESCRITO AO CONSELLEIRO

ANPA DO CEIP MESTRE RIVERA CASÁS DE SAN CIPRIÁN, CERVO-LUGO

1º.- Que esta directiva ten coñecemento da existencia dun informe asinado polo Xefe do Servizo de Inspección Don Federico Pérez Morán e dirixido ao Sr. Director Xeral de Centros e Recursos Humanos.
O devandito informe analiza sendos informes elaborados polo Equipo de Orientación Específico (EOE) e o da Inspectora dos centros de referencia, CEIP Rivera Casás e CEIP Galdín de San Cibrao en relación coa POSIBLE FUSIÓN dos mesmos.
Vistos os seus apartados, despréndese de xeito meridianamente claro que a POSIBLE FUSIÓN se realizaría no CEIP Galdín, sen contemplar en ningún punto a posibilidade de que se realice no CEIP Rivera Casás. Para mostra, reproducimos literalmente algunhas partes do seu contido: no punto 1. “ O Ceip. de Galdín, catalogado na actualidade para unha unidade de educación infantil e seis de educación primaria, tería capacidade dabondo para escolarizar a todo o alumnado de San Cibrao (142 alumnos/as), aínda que habería que incrementar dúas unidades de educación infantil.”
Por outra banda e no que respecta aos servizos complementarios dí o que segue no seu punto 5. “De levarse a cabo a fusión dos centros, a escolarización no Ceip. de Galdín, dada a súa situación fora do núcleo urbano e a perigosidade das vías de acceso, esixiría o transporte de todo o alumnado o que suporía un incremento de arredor de 40 alumnos/as como usuarios deste servizo.”

Especial atención merece o que se reflicte no informe, isto é, o CEIP Galdín sitúase fora no núcleo urbano (zona periférica, marxinal ou residual), acceso con vías de comunicación perigosas e a necesidade de transportar a totalidade do seu alumnado.

2.- Hai dabondosa lexislación que regula cales son os lugares máis axeitados para os equipamentos comunitarios e dotacións, no caso que nos ocupa, a dotación de uso educativo CEIP Rivera Casás.
Neste senso, compre salientar o reflectido na normativa vixente na nosa comunidade. En concreto a Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, que no seu  “Artigo 47. Calidade de vida e cohesión social.
1.    O plan xeral deberá preve-las reservas de solo necesarias para a implantación dos sistemas xerais ou conxunto de dotacións urbanísticas ó servicio predominante do conxunto da poboación, do seu asentamento, mobilidade e emprego, en proporción adecuada ás necesidades da poboación… 3. O planeamento efectuará as reservas de solo para dotacións urbanísticas nos lugares máis adecuados para satisface-las necesidades da poboación, co fin de asegura-la súa accesibilidade, funcionalidade e integración na estructura urbanística, de modo que non se localicen en zonas marxinais ou residuais.”

Tamén a Lei  10/1995,  de ordenación do territorio de Galicia que establece os obxectivos e instrumentos mediante os cales se desenvolverá a ordenación territorial da Comunidade Autónoma.
O punto de partida desta Lei é a Carta Europea de Ordenación do Territorio de 1983, que define a ordenación territorial como “a expresión espacial da política económica, social, cultural e ecolóxica de toda a sociedade”
Dentro do conxunto de instrumentos territoriais establecidos pola Lei 10/1995 atópanse as Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, aprobadas pola Orde do 15 de setembro de 2008, DOG Nº 180 do 17 de setembro de 2008.
No preámbulo da devandita orde, entroutros considerandos dí:
“Entre os instrumentos creados pola dita lei figuran as directrices de ordenación do territorio de Galicia, que se configuran como un instrumento de carácter global, expresión da política territorial, que deben constituír o marco xeral de referencia establecendo as pautas espaciais de asentamento das actividades, de acordo coas políticas sociais, económicas e culturais emanadas da comunidade, integrando, se é o caso, as emanadas desde o Estado, así como as propostas que xurdan desde as entidades locais.”
“E así, de conformidade co disposto no artigo 10.1º da Lei 10/1995, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de febreiro de 1996, acordou iniciar o procedemento de elaboración das directrices de ordenación do territorio, que se publicaron no Diario Oficial de Galicia número 45, do 6 de marzo de 1997. Consonte o disposto nos números 2º, 3º e 4º do citado artigo 10, a consellería competente en materia de política territorial elaborou o avance das directrices, que foi remitido a todas as consellerías, á Administración do Estado, ás administracións locais e a máis de 500 entidades públicas e privadas para que achegasen cantas observacións, propostas e alternativas estimasen oportunas.”

No corpus das directrices, concretamente na súa memoria, dí:
“10.9 Os Equipamentos na súa perspectiva territorial.
A estructura territorial do sistema de equipamentos de Galicia é o resultado da tensión entre a necesidade de satisfacer as demandas con criterios de proximidade ao usuario, e os criterios básicos de eficacia, que esixen unha relación axeitada entre a oferta dotacional e a cantidade de poboación á que se presta o servizo”

Maís adiante, no mesmo punto dí:
“Os equipamentos básicos como centros de ensino infantil e primario, os centros de asistencia social e os centros de saúde deben prestar unha cobertura próxima a todos os cidadáns estendéndose ata o nivel local con características axeitadas a estructura demográfica da poboación atendida por eles…. Así, as dotacións escolares deben incluir tamén os equipamentos deportivos básicos e culturais como bibliotecas, prestando servizo ao conxunto da poboación, pero garantindo a súa funcionalidade e conservación mediante a súa vinculación aos centros escolares”

3.- Segundo a “Ley 30/92, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común”, no seu artigo 3, dí:
“Principios generales.
1. Las Administraciones Públicas sirven con objetividad los intereses generales y actúan de acuerdo con los principios de eficacia, jerarquía, descentralización, desconcentración y coordinación, con sometimiento pleno a la Constitución, a la Ley y al Derecho.
Igualmente, deberán respetar en su actuación los principios de buena fe y de confianza legítima.
2.    Las Administraciones Públicas, en sus relaciones, se rigen por el principio de cooperación y colaboración, y en su actuación por los criterios de eficiencia y servicio a los ciudadanos.
5. En sus relaciones con los ciudadanos las Administraciones públicas actúan de conformidad con los principios de transparencia y de participación. (Artículo redactado según Ley 4/99, de 13 de enero)

Xa con anterioridade, hai un mandato constitucional, reflectido nos artigos 31.2 e 103.1 da CE; artigos que supoñen un significativo referente ao dereito fundamental dos cidadáns a unha boa administración.
Pois ben, é indubidable, que a eficacia pública, a eficacia da administración é unha manifestación da calidade dos servizos prestados.  A eficacia, que barema a lexitimidade da acción pública, e correlativamente, a eficiencia no gasto público (utilización satisfactoria dos recursos dispoñibles, ou se se quere, o uso eficaz dos recursos económicos disponibles), deben ser calibradas en función dos resultados do servizo.

Non hai que ter o sentido común moi espabilado para afirmar que un centro educativo próximo aos cidadáns ofrece unha maior calidade. Efectivamente, ao falar de equipamentos públicos, é sobre todo, cando estamos a falar dunha dotación educativa de ensinanza infantil e primaria, o criterio de proximidade é a pedra angular, é o fundamento ao que a administración pública non debe, nin pode renunciar, para salvagardar o mandato constitucional de actuar baixo os principios de eficacia e eficienca.
O CEIP Rivera Casás é unha dotación educativa sen deficiencias estructurais nin educativas, capaz durante moitos anos de escolarizar ou ben á totalidade, ou ben a maioría dos nenos/as da súa área de influencia, un centro que nos derradeiros catro anos foi quen de multiplicar por dúas prácticamente a súa matrícula (68 para o curso 2009 – 2010)
O CEIP Rivera Casás está ubicado no mesmo centro do pobo, a él acudiron durante a súa historia a inmensa maioría dos nenos e nenas sen necesidade de transporte algún (no derradeiro curso, máis do 90 % )
O CEIP Rivera Casás, cumpre unha función social importántisima, pois por mor da súa ubicación, humaniza o pobo, ofrece unha calidade de vida mellor e favorece a cohesión social. A súa supresión como centro de ensinanza infantil e primaria causaría un grave e irreparable perxuízo a gran parte da comunidade educativa, e por ende á sociedade en xeral á que presta os seus servizos.

4.- Señor Conselleiro, ata aquí expuxémoslle os fundamentos legais  en defensa da continuidade do CEIP Rivera Casás. Como pode comprobar, non fixemos comparanzas co CEIP de Galdín, pero é evidente a nosa posición, é para defendela, buscamos razóns no ordenamento xurídico que cremos avalan notablemente a nosa postura, que non é outra que a permanencia do CEIP Rivera Casás.
Pero tamén apelamos á cordura, ó sentido común, ó sentido de xustiza. Apelamos así mesmo ao xuiz ó que todos nos sometemos, ao tempo, ao tempo que dá e quita razóns, e neste senso lembrámoslle que no curso 2003 – 2004 había un expediente de agrupamento no CEIP Rivera Casás, porque a súa matrícula cuadriplicaba prácticamente a matrícula do CEIP de Galdín, é esto era así porque era natural, e dende hai catro anos a nosa matrícula multiplicouse por dúas e a matrícula no CEIP de Galdín mermou notablemente porque segue sendo natural. E temos, non solo nos, senón tamén a sociedade en xeral, o firme convencemento, que as cifras do curso 2003 – 2004 voltarán a repetirse nun prazo moi curto de tempo se o CEIP Rivera Casás permanece.

Señor Conselleiro, a ANPA, na defensa da permanencia do CEIP Rivera Casás, exercerá ás accións legais que crea oportunas, opoñéndose a todas aquelas resolucións que ó noso entender sexan arbitrarias e dictadas por autoridade ou funcionario público a sabendas de que ditas resolucións son inxustas (artigo 404 da L.O. 10/1995)

Por último, facémoslle saber que desexamos chegar a un entendemento na procura dunha solución axeitada para todalas partes, tendo como fin primordial a paz social e o benestar das comunidades educativas.

SR. CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA.

Exit mobile version