Site icon Crónica3.com A Mariña

Acto do BNG de Viveiro “arredor do Día da Patria” co lema “Movámonos polo noso idioma, polo emprego!”

Nota de Prensa

O BNG DE VIVEIRO ORGANIZA UN ACTO ARREDOR DO DIA DA PATRIA

O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro organiza un acto arredor do Día da Patria este xoves día 23 de xullo no Conservatorio Profesional de Música. O lema desta convocatoria  é “Movámonos polo noso idioma, polo emprego!”. No acto, que dará comenzo ás oito e media da tarde, intervirá Francisco Rodríguez Sánchez, membro da Executiva Nacional do BNG.

O Bloque Nacionalista Galego informa tamén que porá  un autobús a disposición das persoas que queiran viaxar  desde Viveiro a Compostela  para asistir á manifestación do Día da Patria. O autobús sairá ás 9 da mañá do  sábado desde ás inmediacións da Estación de Autobuses de Viveiro.

Exit mobile version