Nota de Prensa
O BNG DE VIVEIRO ORGANIZA UN ACTO ARREDOR DO DIA DA PATRIA
O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro organiza un acto arredor do Día da Patria este xoves día 23 de xullo no Conservatorio Profesional de Música. O lema desta convocatoria é “Movámonos polo noso idioma, polo emprego!”. No acto, que dará comenzo ás oito e media da tarde, intervirá Francisco Rodríguez Sánchez, membro da Executiva Nacional do BNG.
O Bloque Nacionalista Galego informa tamén que porá un autobús a disposición das persoas que queiran viaxar desde Viveiro a Compostela para asistir á manifestación do Día da Patria. O autobús sairá ás 9 da mañá do sábado desde ás inmediacións da Estación de Autobuses de Viveiro.