O programa xa deu comezo o pasado martes con aerobic, xogos infantís e ximnasia. Mañá martes día 21 de xullo no aparcamento da praia de Coto haberá batuka, o mércores na praia da ría, xogos infantís e o xoves na praia de Remior, salsa aeróbic.
A vindeira semana, concretamente o martes 28, terá lugar na praia de Coto unha xornada adicada á tonificación, o mércores na praia da ría teremos xogos infantís e o xoves na praia de San Pedro, aeróbic latino.
Tódalas actividades se celebrarán en horario de tarde de 17.30 a 18.30 horas.
Durante o próximo mes de agosto tamén terán lugar moitas máis actividades na praia, como pilates ou batuka beach e ademais durante este verán haberá unha competición de salvamento infantil na praia da ría (Anguieira).