Asimesmo, tamén se acordou a dotación de contidos desta plataforma web á QT Consultores por valor de 124.374 euros. Antonio Gato subliñou que “estamos proporcionándolles ós cidadáns un servizo que lles permitirá descargar información no seu móbil ou PDA en calquera punto no que se atopen, xa que inclúe información de todas as entidades da provincia, comarcas, municipios e parroquias, do viais de todas a titularidades do ámbito do proxecto, dos núcleos de poboación, das rutas de Km0”.
Os usuarios poderán obter información do patrimonio natural como rutas de sendeirismo e bicicleta, miradoiros, praias, aulas da naturazas e centros de interpretación, ademais de eventos culturais como festas de interese turístico e horarios da rede de museos. Neste senso, Antonio Gato destacou que “por primeira vez ponse a disposición dos cidadáns un servizo no que se vende a provincia no seu conxunto. Esta iniciativa complementa outras políticas levadas a cabo pola área de Turismo da Deputación”.
Enmarcado no proxecto europeo destinado a convertir o medio ambiente nunha oportunidade económica, tamén se deu o visto e prace ó servizo que inclúe o asesoramento á xóvenes investigadores para a constitución de empresas de alimentación. A iniciativa adxudicouse á empresa Agronovo S.L por un importe de 69.020 euros e consiste na organización de xornadas informativas sobre a constitución de empresas, así como no apoio para a creación do seu plan empresarial e en todo o proceso legal para a constitución das entidades. A este respecto, o voceiro provincial socialista sinalou que “en definitiva o que buscamos é mellorar a comercialización de produtos autóctonos e impulsar a economía provincial. Ademais, con estas iniciativas garantiremos a constitución de 5 sociedades como mínimo”.
Área fluvial de Samos
O organismo provincial construirá un edificio de servizos para a área fluvial de Teiguín, no Concello de Samos. A Deputación contratou hoxe as obras que contan cun investimento de 200.000 euros. O edificio será de pranta baixa e incluirá zonas destinadas a vestiarios, primeiros auxilios, almacén e limpeza. “Damos cumprimento ó compromiso asumido polo Presidente na viaxe que realizou a este municipio o 17 de xuño. Agora os veciños desta localidade, e tamén os da bisbarra, entre os que se atopan os de Sarria, poderán disfrutar dun contorno medioambiental excepcional”.
Informe A-54
A Xunta de Goberno aprobou provisionalmente o informe realizado polo Servizo de Vías e Obras sobre o estudo informativo do Ministerio de Fomento do treito da A-54 que enlaza Arzúa e Palas de Rei, e que afecta á N-547. Gato Soengas subliñou que “desde a Deputación considérase que tanto a alternativa 3 como a 4 son axeitadas para o interese das localidades afectadas pola obra. A posible elección entre estas dúas posibilidades non afecta ó trazado que se desenvolve na provincia, xa que as dúas inclúen o enlace de Remonde, que en función da cada unha, pode resultar desprazado uns 400 metros”. O acordo remitirase á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.
Ámbalas dúas alternativas contan con lonxitudes moi similares de 27,9 e 28,1 quilómetros, e teñen en común a maior parte do seu trazado diferindo só no correspondente a un tramo intermedio duns 7 quilómetros de lonxitude. O acordo remitirase á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.
Na rede viaria provincial, en ámbalas dúas alternativas, só resulta afectada a estrada provincial CP-4001 que vai de Pedraza (Monterroso) a Couto (Palas de Rei). Neste caso, o cruce pola autovía está previsto que se realice mediante un paso inferior.
Outros acordos da Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno tamén aprobou 14 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2008. Suman 168.110 euros, dos que o organismo provincial achega 101.804. Pertencen ós Concellos de Abadín (2), Bóveda (2), Cospeito, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, A Pastoriza (2), Ribadeo, Taboada, Castroverde e Pol.