Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para inscribirse en distintas probas no IES Perdouro de Burela

BURELA .- As persoas que participaron no proxecto Alcoa “Prevención de Riscos Laborais en Centros de FP da Mariña Lucense” no IES Perdouro de Burela poden recoller o seu certificado. Desde o centro de ensino bureles tamén informa que hasta o 20 de xullo está aberto o prazo para inscribirse nas probas libres, para a obtención do título de Técnico en Mecanizado, e que ata o día 17 para participar na convocatoria extraordinaria das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Nota de Prensa

Os alumnas e alumnas que participaron no proxecto Alcoa “Prevención de Riscos Laborais en Centros de FP da Mariña Lucense” xa poden recoller o seu certificado.
Os alumnos e alumnas do IES Perdouro que ao longo do curso 2008-2009 participaron no proxecto Alcoa, “Prevención de Riscos Laborais en Centros de FP da Mariña Lucense” xa poden pasar a recoller o certificado de nivel básico de Prevención en Riscos Laborais.
Coa participación neste proxecto, os centros CIFP Porta da Auga de Ribadeo, IES María Sarmiento de Viveiro e IES Perdouro de Burela, anticípanse ao establecido na Nova FP, e facilitan que o seu alumnado acade o certificado de nivel básico de Prevención en Riscos Laborais, como formación complementaria á da súa especialidade de Formación Profesional.
A medida que se vaian implantando os novos currículos, segundo a LOE, todos os alumnos que cursen un ciclo formativo de Formación Profesional acadaran ademáis do título correspondente o mencionado certificado de prevención.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Dirixido ao alumnado que obtendo o título de técnico no curso 2008-2009, superara a parte común da proba de acceso a ciclos de grao superior no ano 2009.
Ata o próximo día 17 de xullo, incluído, está aberto o plazo para inscribirse na convocatoria extraordinaria das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior dirixido ao alumnado que teña acadado o título de técnico no mes de xuño pasado, e superase a parte común na proba de acceso celebrada no mes de abril. Deste xeito poderá obter a convalidación da parte específica, superando así a proba de acceso.
Unha vez superada a proba por convalidación, poderá matricularse nun ciclo formativo de Grao Superior no próximo curso 2009-2010, sen a necesidade de ter que esperar un ano máis.

Probas libres para a obtención do Título de Técnico en Mecanizado no IES PERDOURO
Aberto ata o 20 de xullo o prazo para inscribirse na probas libres para a obtención do Título de Técnico en Mecanizado.
Estas probas van dirixidas ao alumnado que cursou o devandito título LOGSE de Mecanizado, e que neste momento deixaron de impartirse debido á implantación dos novos títulos LOE de Técnico en Mecanizado, co obxecto de posibilitar que estas persoas poidan acabar os seus estudos e obter a titulación.
O obxecto da avaliación son todos os módulos deste ciclo formativo, agás o módulo de FCT.
O alumnado disporá de dúas convocatorias, que terán lugar no curso académico seguinte ao da extinción definitiva da docencia do ciclo formativo, consonte o seguinte calendario:

* A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro de 2009, antes do comezo das actividades lectivas para posibilitar, de ser o caso, a solicitude de admisión no ciclo equivalente.
* A segunda realizarase no mes de xuño de 2010, coincidindo co remate das actividades lectivas.

Logo de rematadas as dúas convocatorias, o alumnado que aínda teña módulos pendentes e desexe finalizar os seus estudos poderá matricularse nas ensinanzas do título equivalente. Para isto aplicarase o réxime de validacións de módulos regulados no real decreto do título de Mecanizado.

Exit mobile version