Site icon Crónica3.com A Mariña

A xunta aproba a convocatoria de bolsas para libros de texto e axudas para drogodependencia

SANTIAGO.- No último consello da Xunta de Galicia, tomou acordos que afectas á comarca da Mariña. Designou os representantes da administración autonómica no Consello de Administración de Portos de Galicia, entre eles os mariñáns Domingo Rey Seijas en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e como suplente a Alfonso García Ben; a Antonio Pertejo Castaño en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Lugo e a Lara Méndez López en representación das Administracións locais pola provincia de Lugo.

Tamén se aprobou a convocatoria de bolsas para a adquisición de libros de texto no curso 2009-2010. O prazo para a presentación da solicitude estará aberto do 1 ao 30 de setembro.
A Consellería de Sanidade aprobou orzamentos destinados a cofinanciar os centros de drogodependencia de Burela e Ribadeo.

NOTA DE PRENSA

A XUNTA DESIGNA OS REPRESENTANTES DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA NO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE PORTOS DE GALICIA

§ Os representantes da Administración son nomeados por proposta das consellerías representadas no ente público

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se nomean os novos membros do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia. O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público tal e como se dispón no artigo 10 do seu regulamento aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo.

A súa composición atende á proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, nomeados por proposta dos respectivos conselleiros dos departamentos autonómicos con representación no ente.

A composición do Consello de Administración de Portos de Galicia queda da seguinte maneira:

NOME

REPRESENTACIÓN

SUPLENTE

Blanca García-Señoráns Álvarez

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Joaquín Caballero Miranda

Consellería de Facenda

Isabel Vila Barbosa

María Encarnación Díaz Rivas

Jose Antonio Fernández Vázquez

Miguel Rodríguez Bugarín

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

José Riesgo Boluda

Consellería de Economía e Industria

José Paz Gestoso

Secretaría Xeral de Turismo

Francisco José Vidal-Pardo Pardo

Susana Rodríguez Carballo

Consellería do Mar

Domingo Rey Seijas

Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo

Alfonso García Ben

María Josefa Crespo Fraga

Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña

José Ramón Longueira Suárez

Jose Antonio Gómez Castro

Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra

Juan Antonio Quiroga Lage

Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia da Coruña

Antonio Pertejo Castaño

Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Lugo

Juan Carlos González Fernández

Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Pontevedra

Javier Ruiz de Cortázar Diaz

Federacións e clubs náutico-deportivos galegos

Salvador Fernández Moreda

Administracións locais pola provincia da Coruña

Lara Méndez López

Administracións locais pola provincia de Lugo

Gonzalo Durán Hermida

Administracións locais pola provincia de Pontevedra

Juan Carlos Pérez Oviedo

Persoal do ente público

Pedro Urquijo Gómez

—–

O CONSELLO DA XUNTA APROBA A CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO NO CURSO 2009-2010

§ O prazo para a presentación da solicitude estará aberto do 1 ao 30 de setembro


O Consello da Xunta aprobou hoxe a convocatoria de bolsas para a adquisición de libros de texto no curso 2009-2010, no cal comezará a implantarse o novo modelo de gratuidade solidaria. Este programa, que dotará as familias de bolsas en función da súa renda, substituirá progresivamente ao de préstamo vixente, comezando polos cursos de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria e educación especial.


Estas bolsas, dotadas cunha contía total de 6,9 millóns de euros, serán outorgadas en función do nivel adquisitivo de cada familia. Todas os fogares con ingresos inferiores aos 9.000 euros per cápita recibirán unha axuda de 104 euros por cada neno. Se ademais os ingresos son inferiores a 5.400 euros per cápita –ou 6.000 no caso de familias monoparentais– a bolsa increméntase ata os 180 euros. Para os alumnos de educación especial, a Consellería de Educación garante 250 euros, sexa cal sexa o nivel de renda.


A convocatoria terá en conta o exercicio fiscal do ano 2008 e presenta unha atención especial ás familias con membros afectados por minusvalideces igual ou superior ao 33%, xa que estas persoas computarán por dúas á hora de establecer o nivel de renda.

O sistema de gratuidade solidaria comezará a implantarse en 1º, 2º, 5º e 6º de primaria e educación especial debido a que hai que repoñer os manuais destes cursos o vindeiro ano. No resto dos niveis substituírase progresivamente o de préstamo ata quedar completamente implantado a partir do 2012-13.


As solicitudes poderanse recoller nos centros, nas delegacións territoriais ou na páxina web www.edu.xunta.es e o prazo para a súa presentación será do 1 ao 30 de setembro. Así mesmo, estas solicitudes terán que presentarse nas secretarías dos centros educativos, que deberán proporcionar asesoramento ás familias que o requiran.


Unha vez tramitadas e resoltas as axudas, as listaxes definitivas de admitidos publicaranse nos taboleiros dos centros, no portal educativo da consellería e nos departamentos. O pagamento farase a través dos centros, que terán 10 días para o aboamento aos beneficiarios.

A axuda será compatible con outras destinadas ao mesmo fin sempre que non se supere o custo dos libros e materiais subvencionados e deberá destinarse integramente á súa adquisición.

—–
75.620.000 EUROS PARA PROGRAMAS DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS NOS CONCELLOS DA MARIÑA LUCENSE AGRUPADOS EN BURELA E RIBADEO

SANIDADE DESTINA PRETO DE 2 MILLÓNS DE EUROS A CONCELLOS E MANCOMUNIDADES GALEGOS PARA O COFINANCIAMENTO DE PROGRAMAS DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

A Consellería de Sanidade achegará un total de 1.967.680 euros a 43 convenios de cooperación para o cofinanciamento de programas de prevención de drogodependencias con distintos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia, achegando a actividade preventiva a un total de 114 concellos de Galicia a través de agrupacións de concellos limítrofes ou os que conforman as distintas mancomunidades.

Esta cantidade distribuirase en dúas anualidades (2009-2010) -de 983.840 euros cada unha- entre os concellos de Ames, O Barco de Valdeorras, Betanzos, Boqueixón, Burela, Cangas, O Carballiño, Carballo, Catoira, A Coruña, Culleredo, Cuntis, A Estrada, Fene, Ferrol, O Grove, Lalín, Lugo, Marín, Monforte, Noia, Ourense, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, O Porriño, Rábade, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Ribeira, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Sarria, Tui, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilalba e as mancomunidades do Carballiño, Celanova, Ordes, Val Miñor e Verín. O orzamento destinado oscilará entre os 20.400 e os 112.200 euros.

Os programas de prevención serán desenvolvidos ata o 30 de xuño de 2010 nos ámbitos, escolar, familiar, xuvenil e/ou laboral. Tamén se realizarán actividades transversais de soporte a estes programas, tanto de información-sensibilización como de formación de mediadores sanitarios e sociais.

(Xúntase cadro cos datos por concellos.)

2009

2010

TOTAL

Ames (3)

20.500,00

20.500,00

41.000,00

O Barco

10.200,00

10.200,00

20.400,00

Betanzos (6)

20.910,00

20.910,00

41.820,00

Boqueixón (3)

12.750,00

12.750,00

25.500,00

Burela (9)

22.000,00

22.000,00

44.000,00

Cangas

22.950,00

22.950,00

45.900,00

O Carballiño

12.750,00

12.750,00

25.500,00

Manc. Carballiño (7)

11.220,00

11.220,00

22.440,00

Carballo

28.050,00

28.050,00

56.100,00

Catoira (6)

33.150,00

33.150,00

66.300,00

Manc. Celanova (8)

11.220,00

11.220,00

22.440,00

A Coruña

53.550,00

53.550,00

107.100,00

Culleredo

15.300,00

15.300,00

30.600,00

Cuntis (2)

15.300,00

15.300,00

30.600,00

A Estrada

15.300,00

15.300,00

30.600,00

Fene

17.850,00

17.850,00

35.700,00

Ferrol

42.000,00

42.000,00

84.000,00

O Grove

24.200,00

24.200,00

48.400,00

Lalín

20.400,00

20.400,00

40.800,00

Lugo

44.625,00

44.625,00

89.250,00

Marín

15.300,00

15.300,00

30.600,00

Monforte

15.300,00

15.300,00

30.600,00

Noia (5)

20.125,00

20.125,00

40.250,00

Manc. Ordes (7)

20.400,00

20.400,00

40.800,00

Ourense

48.450,00

48.450,00

96.900,00

Ponteareas (2)

11.730,00

11.730,00

23.460,00

Pontedeume

19.380,00

19.380,00

38.760,00

Pontevedra

40.800,00

40.800,00

81.600,00

Porriño

12.750,00

12.750,00

25.500,00

Rábade

12.750,00

12.750,00

25.500,00

Redondela

20.400,00

20.400,00

40.800,00

Rianxo (2)

15.300,00

15.300,00

30.600,00

Ribadeo (4)

15.810,00

15.810,00

31.620,00

Ribeira

17.850,00

17.850,00

35.700,00

Santiago

51.000,00

51.000,00

102.000,00

Sanxenxo

17.850,00

17.850,00

35.700,00

Sarria (7)

15.300,00

15.300,00

30.600,00

Tui

13.260,00

13.260,00

26.520,00

Manc. Val Miñor (3)

28.050,00

28.050,00

56.100,00

Manc. Verín (7)

12.750,00

12.750,00

25.500,00

Vigo

56.100,00

56.100,00

112.200,00

Vilagarcía de Arousa (7)

35.700,00

35.700,00

71.400,00

Vilalba

13.260,00

13.260,00

26.520,00

TOTAL

983.840,00

983.840,00

1.967.680,00

As parénteses cun número fan relación ao número de concellos agrupados (43 convenios – 114 concellos)

Exit mobile version