Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta abre o prazo para solicitar axudas para a promoción da autonomía persoal e accesibilidade

A MARIÑA.- A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia procedeu á apertura do prazo para solicitar as axudas destinadas á promoción da autonomía persoal e á accesibilidade, segundo ven de informar o deputado do PPdeG Jose Manuel Balseiro Orol .

O Diario Oficial de Galicia publicada no día de onte a orde de convocatoria destas subvencións que posibilitan recibir unha axuda económica para compensar moi diversos gastos nos que teñen que incorrer persoas maiores ou dependentes cando se ven na necesidade de adaptar os seus fogares ás súas particularidades física ou limitacións de mobilidade. Así por exemplo a orde de convocatoria contempla axudas cun custo máximo de 3.000 euros para as obras de adaptación funcional do fogar e de supresión de barreiras arquitectónicas no interior das vivendas, de entre 500 e ata 800 euros para a adquisición de próteses dentais e audífonos naqueles casos nos que non están cubertos polo sistema sanitario e finalmente ata 2.500 euros para a adquisición de produtos de hixiene persoal, alimentación, apoio á mobilidade, como son cadeiras para o baño, alzas, duchas para a cama, cadeiras de rodas, adaptacións de acceso aos vehículos, coxíns, cadeiras salva escaleiras, todo tipo de agarraderas e guindastres.

Os beneficiarios desta axuda deberá ter máis de 65. Tamén poderán acceder a elas as persoas menores de 65 anos que teñan recoñecido un grado de discapacidade igual ou superior o 33%.

PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 20 DE AGOSTO

A orde da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia establece un prazo de presentación de solicitudes que remata o 20 de agosto. Poderán obter máis información sobre elas nas oficinas de Servizos Sociais dos distintos Concellos ou na Delegación de Benestar da Xunta de Galicia.

Exit mobile version