Site icon Crónica3.com A Mariña

A responsable municipal de Cultura valora o Club de Lectura de Burela no que participaron 20 persoas

BURELA (FNC) .- O xoves 30 de xullo remata a primeira tempada do clube de lectura de Burela que iniciou a súa andaina o pasado mes de outubro na bibliteca pública. A concelleira de Cultura, Neves Cando, sinala que “ao longo destes nove meses de percorrido que continuará en setembro as persoas participantes, un total de 20, limos quince libros dos máis diversos estilos, épocas e autores. Comenzamos  a finais de outubro co Clube da calceta de María Reimondez e contamos coa presencia da propia autora que compartiu con nós as súas vivencias sobre a novela. E a partires de aí reúnimos cada quince días para comentar o libro correspondente”. El amor en los tiempos del cólera de García Márquez, El retrato de Dorian Gray de Óscar Wilde, A sangre fría de Truman Capote ou a primeira e segunda parte da triloxía Millenium de Stieg Larsson foron algúns dos libros dos que disfrutaron os participantes no clube de lectura de Burela. Neves Cando engade que “tamén a literatura galega tivo cabida no noso clube e a parte do Clube da calceta tamén compartimos as nosas experiencias tras a lectura de Resistencia de Rosa Aneiros ou O sol de verán de Carlos Casares”.

A edil nacionalista lembra que “este clube de lectura naceu coa intención de xuntar a un grupo de persoas amantes da lectura que cada quince días comentamos os libros escollidos. Hai distintas bibliotecas da rede galega que poñen a disposición os seus fondos bibliográficos para estes intercambios de libros e así podemos contar cuns 400 títulos entre os que facemos a escolla, segundo distintos criterios por preferencias de xénero, de autor, de temática ou simplemente polas referencias que temos del. E a partires de aí consolidamos o noso hábito pola lectura nun punto de encontro que se podería denominar ler polo pracer de ler”. Cando segue a relatar que “somos arredor de 20 persoas as que seguimos habitualmente estas reunión e as lecturas correspondentes, o que desde a Delegación de Cultura nos permite valorar esta actividade como un rotundo éxito polo que de punto de encontro dos amantes da lectura e da conversa supón. Rematamos esta tempada coa novela gañadora da 27 edición do premio Blanco Amor que foi organizado en Burela. Trátase de Monte louro de Luis Rey Núñez”. O concelleira de Cultura convida “a todas as persoas que sendo amantes da lectura e do intercambio de experiencias sobre esta se queiran unir ao noso clube posto que temos as portas abertas a todos e a todas”.

Exit mobile version