Site icon Crónica3.com A Mariña

A presidenta de Herederos de la Mar presentará o pregón das festas do Cerme en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- A presidenta da Fundación Herederos del Mar, Marisol Moreda, presentará o pregón da festas do Carme de Ribadeo que se celebrará o próximo 16 de xullo ás 20:00 horas no Cine Teatro e que pronunciará Antón Álvarez Sousa, catedrático da Universidade da Coruña.

O acto contará coa presenza de autoridades, e colectivos vinculados ao mundo do mar. Tamén está previsto que asista Beatriz López, filla do mariñeiro ribadense falecido fai tres anos en Francia, e cuxo cadáver foi repatriado á súa terra o verán pasado sen que a autopsia confirme as causas da morte. Marisol Moreda quere coa súa presenza mostrar todo o apoio da Fundación Herdeiros da Mar aos mariñeiros e ás súas familias.

Tras a lectura do pregón, a Comisión de Festas participa aos medios de comunicación que haberá unha charla coloquio, momento que Marisol Moreda aproveitará para falar de temas de interese e de actualidade para o sector e Beatriz López Rei comentará como se atopa o caso do seu pai que segue aberto.

Exit mobile version