O alcalde subliña que “é a primeira vez que se edita algo específico e concreto deste areal para dar a coñecer desde o punto de vista ecolóxico, xeolóxico, da flora e da fauna toda esa zona. O convenio tamén contempla unha partida importante para reforzar a limpeza nas Catedrais, e que contribuirá a deixar todo aquelo empatenado”. Fernando Suárez engadiu que “agardamos poder repetir os galardóns que recibimos estes anos e que poidamos mellorar servizos como o de socorrismo que fagan deste areal o dos mellores servizos do mundo, porque de xeito atractivo xa o é”.
O rexedor lembrou que aínda temos deficiencias que imos tentar de solventar como o do aparcamento…temos alugado un aparcamento cercano con autorización de Costas e de Medio Ambiente, pero queremos que o goberno estatal se involucre máis para recuperar ese borde costeiro, con adquisición de parcelas para crear prazas de aparcamento xa definitivamente construidos a un lado ou outro da estrada. E que esto nos leve a evitar pedir permiso temporal durante o verán alugando prados, que está ben para saír do paso, pero necesitamos darlle un tratamento máis consolidado no futuro”.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro izaron hoxe as bandeiras azuis nas praias de Os Castros-Illas e As Catedrais. Neste areal ondea tamén a bandeira coa Q de calidade turística que lle foi concedida por primeira vez. No acto estiveron tamén representantes das asociacións de veciños de A Devesa, o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo, Gervasio Cao e o presidente de ADEAC, José Palacios.