CERVO .- O centro cultural e de servizos á cidadanía de Cervo acolle a exposición dunha vintena de gravados de artistas lucenses. A concelleira de Cultura e Xuventude de Cervo, Chelo Gallego, comunica que considera que a mostra no seu conxunto ofrece un testemuño histórico-cultural de incalculable valor e riqueza. Permanecerá nas instalacións municipais ata o 13 de xullo, en horario de luns a venres de 11 a 14 horas y de 17 a 20 horas.