Site icon Crónica3.com A Mariña

A Feira do Bonito e a Feira Produart compartirán a nave de redes de Burela

Expositor de unha das edicións da feira Produart (imaxe de prouart.com)

BURELA (FNC).- Burela acollerá o vindeiro 1 de agosto a XXV Feira do Bonito. A concelleira de Mar, Remedios López, para resaltar as bodas de prata desta cita gastronómica repartirá 4.000 exemplares do libro Sabores do noso mar, entre todas as persoas que presenten o ticket de ter abonado a súa degustación do príncipe azul. A edil socialista sinala que “os libros distribuiránse de xeito gratuito coa intención de promocionar a festa e dar a coñecer as receitas da zona elaboradas cun dos peixes estrela no noso peirado, o bonito”.
Este ano a Festa do Bonito coincidirá por primeira vez coa XI Volta Náutica a Galicia que sairá de Ribadeo e chegará a media mañá en Burela. Remedios López suliña que “son 15 barcos con 60 persoas, os participantes que tamén poderán disfrutar desta xornada de festa. Van ser obsequiados cunha degustación de bonito de Burela preparado de catro formar: en empanada, cocido, á grela e en salpicón”.
A concelleira de Mar lembra que “grazas ó convenio asinado entre o Concello e a cofraría San Juan Bautista, con motivo da celebración de Expomar, este ano a asociación Ledicia, como organizadora de festa do bonito, poderá utilizar de forma gratuita as instalacións da nave de redes para albergar esta cita. A nave será compartida con Produart. Penso que se trata dun adianto para a asociación xa que aforrará en carpa, en baños… Agardamos que a medida sexa agradecida polos veciños de Burela, dado que ata o momento o tempo non está a ser moi estable na zona”.

Exit mobile version