Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación cita a empresas de novas tecnoloxías para informarlas do programa Innova-TE

LUGO .- A Deputación citou a 26 empresas da provincia adicadas ás novas tecnoloxías para informarlles do programa europeo Innova-TE, destinado á creación de emprego na provincia a través da implantación das TIC na institución provincial e nos Concellos da provincia.

NOTA DE PRENSA

A Deputación cita ás empresas TIC da provincia para informarlles do programa europeo Innova-TE

– O organismo provincial, tendo en conta que se trata dunha iniciativa sen precedentes en Lugo, intentará buscar as maiores garantías no momento da contratación

– Gómez Besteiro destaca que “o inicio do programa ten que ser como a chave en man, é dicir, un coche que o encendes e funciona á primeira, e non vai por partes”.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, citou a 26 empresas da provincia adicadas ás novas tecnoloxías para informarlles do programa europeo Innova-TE, destinado á creación de emprego na provincia a través da implantación das TIC na institución provincial e nos Concellos da provincia. Gómez Besteiro destacou que “nos reunimos cos empresarios de Lugo para darlles conta deste programa que creará valor engadido á provincia e xerará riqueza”.

Neste senso, o titular provincial subliñou que se trata dunha iniciativa sen precedentes na provincia e “coa que intentaremos buscar as maiores garantías no momento da contratación. O programa ten que ser coma a chave en man, é dicir, un coche que o encendes e funciona á primeira, e non vai por partes”.

Deste xeito, a Deputación pretende evistar casos como os doutras Comunidades Autónomas na que se adxudicou o proxecto a moitas empresas, obtendo como resultado que se perdesen fondos e ter que repetir as contratacións en numerosas ocasións véndose mermados os presupostos orixinais.

Programa Innova-TE

O programa Innova-TE está destinado á creación de emprego a través da implantación das novas tecnoloxías e da Sociedade da Información nos Concellos da provincia. Para a posta en marcha do proxecto a Deputación conta co compromiso e apoio financieiro do Ministerio de Administracións Públicas e da Unión Europea. Este proxecto será clave para a provincia e nace coa vocación de ser unha referencia estatal e coa finalidade de crear emprego e garantir a implantación das novas tecnoloxías tanto nos Concellos como na propia Deputación.

Dos proxectos presentados desde o organismo provincial é o que conta cun maior presuposto. En total, 9.095.000 euros, dos que o 70% serán financiados por fondos FEDER e o 30% polo INLUDES. Por outra banda, Innova-TE tamén será unha ferramenta básica para promover a cohesión do territorio en todos os Concellos, localidades e lugares, posto que os cidadáns disporán do acceso ás novas tecnoloxías independentemente do lugar no que se atopen. Comprende os 66 municipios da provincia, agás o de Lugo, e dará cobertura a 261.323 habitantes.

O proxecto conta con 3 liñas de actuación: promoción económica, creando emprego e novos nichos laborais; fomento da sociedade da información; e dotación de equipamentos necesarios para a participación da cidadanía. Contempla a creación da Administración Electrónica, ou o que é o mesmo, a e-Administración, tanto na Deputación como nos Concellos, de equipamentos informáticos en toda a provincia, conectividade inalámbrica nas dependencias municipais, sinatura electrónica nos Concellos e realización de pagos e transacións e consultas persoais a través da rede.

O proxecto tamén inclúe a creación dunha rede de portais wifi no ámbito da provincia, ademais da creación dun centro virtual de asesoramento empresarial e dun plan de seguemento e avaliación do proxecto no momento do comezo, durante e ó remate do mesmo.

En canto ós resultados que se pretenden acadar, a Deputación estima os seguintes: o 85% no nivel de interacción das webs dos Concellos en canto á  información xeral, o 60% na descarga de formularios xenéricos, o 40% na consulta de información personalizada e o 40% na realización do pago e transacción completa.

Exit mobile version