Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión de Festas do Carme e da Maruxaina de San Cibrao solicita colaboración veciñal

SAN CIBRAO .- A comisión de Festas do Carme e da Maruxaina solicita a colaboración das veciñas e veciños desta localidade que poden contribuír achegando paquetes de azucre e, no seu caso café, para completar os ingredientes necesarios cos que elaborar a tradicional Queimada da Maruxaina. As doazóns poden efectuarse na Casa da Cultura de San Cibrao.

NOTA DE PRENSA

A cita coa serea que vive nos illotes dos Farallóns terá lugar o sábado 8 de agosto. A Maruxaina está declarada como festa de interese turístico.

A COMISIÓN DE FESTAS RECLAMA A COLABORACIÓN DOS VECIÑOS PARA COMPLETAR OS INGREDIENTES NECESARIOS PARA ELABORAR A QUEIMADA DA MARUXAINA

* O presidente Jose Ramón Soto agradece a todos aqueles que acheguen un paquete de azucre ou café  ata a Casa da Cultura de San Ciprián.

* O Comité de festexos felicita ás veciñas e veciños de San Ciprián e aos visitantes pola súa alta participación nas distintas actividades que formaban parte do programa das patronais na honra da Virxe do Carme

Cervo, 22 de xullo de 2009.- A Comisión de Festas do Carme e da Maruxaina que preside Jose Ramón Soto solicita a colaboración das veciñas e veciños desta localidade que poden contribuír achegando paquetes de azucre e, no seu caso café, para completar os ingredientes necesarios cos que elaborar a tradicional Queimada da Maruxaina.

As doazóns poden efectuarse na Casa da Cultura de San Ciprián. Desde o comité organizador dos festexos agradecen a xenerosidade e colaboración daqueles que contribúan a esta festa a través deste xesto. A Comisión de Festas quere facer partícipes a todos os veciños da organización da Maruxaina. A cita coa serea terá lugar o 8 de agosto e está declarada de interese turístico pola súa importancia. Tras o desembarco na praia do Torno terá lugar o xuízo e, de seguido, a tradicional queimada, na que son distribuídos centros de litros de augardente.

Ao mesmo tempo a Organización amosa un dobre agradecemento aos veciños de San Ciprián pola éxito acadado nas festas patronais na honra da Virxe do Carme. Un gran número de veciños e visitantes participaron nas distintas actividades que formaban parte do programa das festas.

Exit mobile version