Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión de Festas de San Cibrao chama a colaborar na procesión da Virxe do Carme

CERVO .- A Comisión de Festas de San Cibrao vén de facer un chamamento a todos aqueles que queiran colaborar tanto na procesión como na ofrenda foral que cada ano ten lugar no honra da Virxe do Carme. Os interesados “que queiran botar unha man ou participar nestas actividades tradicionais e de grande vocación no noso pobo” poden facelo acudindo á Casa da Cultura de San Cibrao, onde se lles tomará nota do seu nome e número de teléfono para convidalos a participar nunha xuntanza informativa co presidente da comisión organizadora, Jose Ramón Soto Martínez.

Os organizadores das festas patronais do Carme e Maruxaina, aproveitan a ocasión para agradecer a boa disposición e o apoio moral que están a recibir os membros da Comisión por parte dos veciños do concello. Moitos dos integrantes da Comisión de festexos están a participar ao longo destas semanas na petitoria, casa por casa e alí é onde, en moitos casos, están a recibir as mostras de cariño dos veciños de San Cibrao, conscientes de dificultade que supón organizar con tan curto espazo de tempo a cita coas patronais do mar nesta localidade.

Por outra banda, desde o Concello de Cervo explican que é posible acceder a o variado programa de actividades organizadas en conmemoración das festas na honra da Virxe do Carme na páxina web do Concello de Cervo (www.concellodecervo.com) grazas á información facilitada pola Comisión. Nela aparecen precisamente incluídas estas dúas procesións de devotos da Patroa dos Mariñeiros. A primeira terá lugar o día 15, a partir das 21 horas, cando a procesión saía da Igrexa Parroquial de Lieiro en dirección ao porto, pasando pola alfombra foral, á altura da capela de San Andrés. Ao día seguinte, a procesión fará o percorrido inverso, a partir das 12 horas, cando saída do peirao de San Ciprián en dirección á Igrexa parroquial de Leiro. Antes das procesións haberá unha Eucaristía, o percorrido contará coa música das bandas de Vilalba e de Sober nunha e noutra ocasión respectivamente.

Exit mobile version