Site icon Crónica3.com A Mariña

A autovía de Barreiros a San Cibrao unirá a autopista do Cantábrico coa estrada que proxecta a Xunta

Burela alegará para modificar o trazado

A MARIÑA .- A autovía que unirá a autopista do Cantábrico coa proxectada vía de alta capacidade da costa norte terá unha lonxitude de 30 quilómetros e unirá San Cibrao e Barreiros, pasando polos concellos de Foz, Burela, Cervo e Xove. Según o proxecto a autovía presentará dúas estradas de 7 metros de ancho mentres que a vía de alta capacidade, prevista para desdobrarse, terá so unha estrada.
A autovía de San Cibrao a Barreiros depende do Ministerio de Fomento e, o proxecto, atopase en fase de exposición. A VAC de San Cibrao a Ferrol depende da Xunta de Galicia e o paso pola costa de Lugo desglosase nun tramo de 11,4 quilómetros entre San Cibrao e Celeiro, outro tramo de Covas a O Vicedo e inclúe a variante de Viveiro.

Exit mobile version