Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños O Castro de Foz acepta o trazado da autovía de San Cibrao a Barreiros

FOZ .- A asociación de veciños O Castro de Foz acepta o trazado da autovía de San Cibrao a Barreiros coa opción presentada polo Ministerio de Fomento. Desde O Castro aseguran “que esta é unha infraestrutura necesaria, case que imprescindible, para a comarca de A Mariña” e indican que “debemos analizar o impacto da construción desta autovía non desde un punto de vista individual, senón desde un punto de vista máis colectivo, debendo nalgúns casos sacrificar o interese particular en beneficio do interese xeral”.
A asociación de veciños O Castro de Foz recorda “a todos os veciños que o prazo para formular alegacións ó proxecto e ó informe de impacto ambiental finalizará o vindeiro martes 28 de xullo”.

NOTA DE PRENSA

A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz mostra a súa conformidade co trazado da Autovía San Cibrao-Barreiros presentado

Desde a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz queremos facer público o noso acordo coa opción presentada polo Ministerio de Fomento sobre o trazado da autovía San Cibrao-Barreiros publicado recentemente. Entendemos que esta é unha infraestrutura necesaria, case que imprescindible, para a comarca de A Mariña en xeral e para o concello de Foz en particular, xa que poderá permitir o desenvolvemento industrial, comercial e turístico da zona, pero tamén facilitará a vida diaria dos que habitamos aquí de forma habitual xa que a construción desta autovía dotará de maior seguridade ós desprazamentos que por traballo ou por ocio debemos facer. Así pois, debemos analizar o impacto da construción desta autovía non desde un punto de vista individual, senón desde un punto de vista máis colectivo, debendo nalgúns casos (mínimos no Concello de Foz) sacrificar o interese particular en beneficio do interese xeral.

Recordamos a todos os veciños que o prazo para formular alegacións ó proxecto e ó informe de impacto ambiental finalizará o vindeiro martes 28 de xullo, debendo presentar os seus escritos no rexistro do Concello de Foz ou das formas legalmente establecidas. Para facilitar esta labor, estará a disposición de todos os interesados unha copia completa do proxecto e informe no local da Asociación, situado na Casa do Mar. Para calquera consulta, poderase acudir a dito local no horario habitual de apertura , ou dirixíndose a calquera dos membros da Xunta Directiva ou no enderezo electrónico avcastrodefoz@concellodefoz.org.

Exit mobile version